Electorados y liderazgo en las elecciones generales de 2004 y 2008: el caso ‘ZP’
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
A tese doutoral oriéntase dende o enfoque relacional do marketing político para analizar a relación entre os partidos políticos e a cidadanía a partir do proceso de alineamento/realineamento/desalineamento a través do cal se definen os electorados.
En concreto, utiliza as variables que determinan a construcción destes electorados para observar: (a) a fortaleza da súa determinación como grupo cun comportamento estable; (b) a relevancia destas variables en mecanismos de definición destes electorados como pode ser o de información política e o consumo de medios de comunicación; (c) a diferenciación da articulación destas variables respecto aos electorados que estrutura cada una delas; e, finalmente, (d) a relación destes electorados respecto ao líder político do partido político e, específicamente, pola súa diferenciación particular respecto aos demais factores que constitúen a oferta política, ao líder do PSOE nas eleccións xerais de 2004 e de 2008.
O punto principal da tese sitúase no liderado político, nun contexto de alta diferenciación, na análise da independencia ou non do líder respecto aos demais factores da oferta política. O obxectivo é comprobar se existe unha independencia deste factor ou non respecto aos demais factores en relación co electorado do partido.
No caso de que haxa independencia, queremos analizar se a causa de que isto sexa así podería deberse a un proceso de desalineamento político que debilita a relación entre o partido e a comunidade política. No caso de que haxa dependencia, desexamos comprobar como é esa relación e observarse se, como prevé a Ciencia Política, é posible unha relevando do liderado aínda cun contexto de alineamento político ou, pola contra, existe un proceso de realineamento/desalineamento en marcha.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl







