Estudo etimolóxico e semántico da toponimia maior de Barreiros
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Geographic coverage
Abstract
O traballo perante o que nos atopamos ten como obxectivo a elaboración da toponimia maior do concello lucense de Barreiros, pertencente a comarca da Mariña Oriental. Para isto, realizarase un estudo etimolóxico e semántico dos 112 lugares repartidos polas oito parroquias que, segundo o Nomenclator de Galicia (NG), componen este concello. Introducido por unha pequena descrición xeográfica, demográfica e lingüística da zona, no estudo etimolóxico realizarase a explicación da orixe e da evolución da totalidade dos topónimos botando man de documentación histórica, tanto a específica da zona como doutras fontes, e de estudos previos. No estudo semántico, realizarase a procura das posibles motivacións de cada un dos topónimos, así como a súa posterior clasificación en campos semánticos, que permitirán comparalos cos campos toposemánticos máis abundantes na toponimia galega. Ademáis, no caso de que se rexistren topónimos que na fala oral non se correpondan co recollido no NG, faránse algunhas indicacións fonéticas e/ou morfolóxicas. Así pois, analizado o material toponímico recollido, o obxectivo último será dar conta da paisaxe toponímica do concello de Barreiros
Description
Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2020-2021








