Estudo de aplicación de fitosanitarios en invernadoiros de Galicia
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Xunta de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar
Abstract
A Prevención de Riscos e a mellora das Condicións de Traballo da poboación laboral
deben ser obxectivos importantes e prioritarios, ós que a Consellería de Traballo e Benestar da
Xunta de Galicia dedica interese e medios, mediante un conxunto de medidas e actuacións
planificadas. Neste contexto sitúanse un conxunto de decisións para levar a cabo estudos nos
diferentes campos productivos, onde a agricultura ocupa un posto de gran incidencia.
A utilización de productos fitosanitarios no sector agrícola ten unha gran relevancia nos
cultivos en invernadoiro e a exposición a aqueles de todas as persoas que interveñen no proceso
productivo é evidente. Por iso, as condicións de traballo nos invernadoiros de Galicia constitúe
un obxectivo prioritario nos contidos e actuacións que abordan os diversos estudos para tratar de
reducir a siniestralidade laboral e mellorar as condicións de vida das persoas ligadas a esa
actividade.
Esta publicación é unha ferramenta informativa e divulgativa que espero permita mellorar
o coñecemento para adoptar medidas de seguridade na aplicación de productos fitosanitarios
nos cultivos de invernadoiro de Galicia.
Este estudo sobre a aplicación de fitosanitarios nos invernadoiros de Galicia é o primeiro
que leva a cabo a Asociación para o Desenvolvemento do Agro (ADA), en colaboración coa
Escola Politécnica Superior de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela e
subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar. O noso agradecemento, por facer
realidade este traballo.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Barrasa Rioja, Martín; Lamosa Quinteiro, Santiago; Ginzo-Villamayor, M.J. and López-Ratón, M. (2009). "Estudo de aplicación de fitosanitarios en invernadoiros de Galicia". Xunta de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar








