As denominacións dos dedos da man: un estudio motivacional
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Consello da Cultura Galega
Instituto da Lingua Galega
Instituto da Lingua Galega
Abstract
Unha ollada ós cuestionarios do Atlas Lingüístico Galego revela a gran complexidade á hora de denominar as partes "menores" ou "subpartes" que compoñen as divisións principais do corpo humano. Así, por exemplo, fronte á escasa diverxencia de formas empregadas para denominar as 'mans' en todo o territorio galego, e mesmo os 'dedos', termo xenérico que designa as cinco subpartes que compoñen cada unha das nosas mans, existen serias dificultades á hora de establecer unha forma xenérica de uso común coa que denominar cada un deses cinco dedos de forma individual. A ampla variedade de formas recollidas en distintos puntos do territorio galego, todas elas tan distintas desde o punto de vista formal, espertou o noso interese por intentar descubrir a procedencia de toda esa variedade que, a fin de contas, se traduce nunha gran riqueza dialectal. E isto levounos a centrar a descrición e a análise destas formas na teoría da motivación.
Description
Bibliographic citation
Romero Triñanes, Mario / Santos Suárez, Larisa (2002). As denominacións dos dedos da man: un estudio motivacional. En "Dialectoloxía e léxico" (pp. 303-327). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega: Instituto da Lingua Galega



