As expresións de futuro e de ir + infinitivo na prensa escrita
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
O galego para se referir a acontecementos vindeiros emprega o futuro morfolóxico cantarei, as perífrases vou cantar ou hei (de) cantar cos verbos auxiliares en presente de indicativo e o presente de indicativo acompañado dun adverbio de tempo mañá canto.
De maneira semellante, o latín dispoñía tamén de varias posibilidades para a expresión de futuridade: a forma sintética amabo, legam etc. ao lado de formas coma o pre-sente de futuridade e outras, entre elas, as perífrases constituídas polo presente do verbo modal habere e un infinitivo. Neste caso, o verbo modal podía ir anteposto ou posposto (vid. Meier 1965: 73-75). Non obstante, non todas as formas se correspondían exactamente, en canto ao significado, co futuro sintético (vid. Rojo 1974: 75-78).
Na evolución do latín ás linguas romances, o futuro sintético latino desaparece e cada unha das linguas románicas selecciona unha estrutura para a expresión deste significado ao tempo que desenvolve tamén formas analíticas, que xa empezaran no latín e que se consolidarán definitivamente nas linguas romances.
Description
Keywords
Bibliographic citation
LÓPEZ MARTÍNEZ, Mª Sol: «As expresións de futuro e de ir + infinitivo na prensa escrita». Cum corde et in nova grammatica. Estudios ofrecidos a Guillermo Rojo. Edición a cargo de Tomás Jiménez Juliá, Belén López Meirama, Victoria Vázquez Rozas y Alexandre Veiga. Departamento de Lingua Española. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, 2012. 927 pp. DL C 1286-2012. ISBN 978-84-9887-914-8. Páx. 487-500.






