Aproximación á modalidade epistémica en galego: o dominio adverbial

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Esta tese dá un primeiro paso no estudo da modalidade epistémica en galego prestando atención á súa expresión adverbial. Ante a falta dun acordo xeral sobre como entender a modalidade, a primeira parte do traballo dedícase a examinar e avaliar as principais propostas teóricas para o seu estudo. Ademais, o ámbito máis concreto da modalidade epistémica (entendido aquí nun sentido estrito como a área semántica da certeza e a incerteza) garda estreitas relacións con categorías como o tempo, o modo, a evidencialidade ou a atenuación, vínculos que deben ser esclarecidos para alcanzar unha caracterización operativa da área estudada. A segunda parte da tese céntrase nos adverbios epistémicos. Estas pezas lingüísticas adoitan considerarse recursos neutros para a expresión da modalidade, idea que contrasta co seu número e a súa diversidade interna. Para describir e analizar esta área lingüística, lévase a cabo un estudo de corpus de seis adverbios considerados representativos das posibilidades expresivas da modalidade epistémica. Os resultados revelan padróns de variación en diferentes niveis e convidan a revisar ideas previas sobre o comportamento dos adverbios epistémicos.

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional