RT Dissertation/Thesis T1 Aproximación á modalidade epistémica en galego: o dominio adverbial A1 Míguez, Vítor K1 adverbios K1 lingua galega K1 lingüística de corpus K1 modalidade epistémica AB Esta tese dá un primeiro paso no estudo da modalidade epistémica en galego prestando atención á súa expresión adverbial. Ante a falta dun acordo xeral sobre como entender a modalidade, a primeira parte do traballo dedícase a examinar e avaliar as principais propostas teóricas para o seu estudo. Ademais, o ámbito máis concreto da modalidade epistémica (entendido aquí nun sentido estrito como a área semántica da certeza e a incerteza) garda estreitas relacións con categorías como o tempo, o modo, a evidencialidade ou a atenuación, vínculos que deben ser esclarecidos para alcanzar unha caracterización operativa da área estudada. A segunda parte da tese céntrase nos adverbios epistémicos. Estas pezas lingüísticas adoitan considerarse recursos neutros para a expresión da modalidade, idea que contrasta co seu número e a súa diversidade interna. Para describir e analizar esta área lingüística, lévase a cabo un estudo de corpus de seis adverbios considerados representativos das posibilidades expresivas da modalidade epistémica. Os resultados revelan padróns de variación en diferentes niveis e convidan a revisar ideas previas sobre o comportamento dos adverbios epistémicos. YR 2021 FD 2021 LK http://hdl.handle.net/10347/27126 UL http://hdl.handle.net/10347/27126 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026