Marxinalismo e racionalidade en Economía
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Analízase a posibilidade de integración de factores psicolóxicos en Economía a traveso da
analítica marxinalista. Afírmase que a linguaxe analítica empregada limita e condiciona.
Existen autores que defenden a posibilidade de integración de factores psicolóxicos mediante
o marxinalismo sen especificar limitacións; outros que negan esa posibilidade. A tese
defendida adopta unha perspectiva distinta: preguntarse polos factores psicolóxicos que non é
posible integrar e polos motivos desa selectividade. Analízase a capacidade para incorporar
factores non hedónicos a modelos condutuais e as consecuencias analíticas da súa non
integración.
Atópase que non tódolos factores psicolóxicos son integrables nos modelos condutuais.
Como consecuencia vese afectada a capacidade explicativa dos propios modelos e o xeito no
que deben ser lidos. Para comprobar a importancia dos factores non hedónicos recórrese a
conceptos (o de empurrón ou “nudge”) e metodoloxías alternativas (a da aleatorización) que,
podendo integrar os factores que non é quen de asimilar o marxinalismo, testemuñan as
consecuencias desa taxatividade. Conclúese sobre a necesidade dunha pluralidade de métodos
e de conceptos de acordo con Nancy Cartwright para quen, nas Ciencias Sociais, non existe
unha metodoloxía que poida ser identificada como un “Gold Standard” subliñando ademais a
vaidade resultante do excesivo rigor académico sostido polos defensores dunha única forma
de facer Economía.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl







