Animación Sociocultural na infancia: iniciativas e programas nos tempos de lecer en Galicia

dc.contributor.advisorCaride Gómez, José Antonio
dc.contributor.authorFerreiro Núñez, Xesús
dc.contributor.otherUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación. Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social.
dc.coverage.spatialeast=-8.536814366653518; north=42.871259472679; name=Galicia
dc.date.accessioned2015-11-16T08:52:07Z
dc.date.available2015-11-16T08:52:07Z
dc.date.issued2015-11-16
dc.description.abstractOs principais argumentos da Tese toman como referencia a animación sociocultural (ASC) protagonizada pola infancia en Galicia: un eido de teorías e prácticas que se insiren nunha determinada concepción da cultura e do quefacer cultural, nun sentido extenso; un horizonte antropolóxico, político, pedagóxico, cívico e social que invoca a democracia cultural e que transcende a mera democratización cultural. Nesta perspectiva, estúdase e interprétase que se está a facer –tamén como se está a facer– en animación sociocultural na infancia (ASCI) poñendo a énfase nos seus tempos de lecer, procurando indagar na coherencia existente entre os obxectivos das iniciativas e a súa implementación, na relación ou concordancia entre as propostas e as concepcións dos técnicos e técnicas da animación cos tempos de lecer nos que traballan, e na concordancia entre as iniciativas postas en práctica e o disposto no marco normativo que as regula. Metodoloxicamente optamos por un estudo multicasos (dos concellos de Lugo, Lalín, Oleiros, Burela e Ribadavia, ademais da entidade privada Fundación Mª José Jove) acomodando o seu desenvolvemento empírico a un traballo etnográfico, armonizando a descrición e a interpretación, a diagnose e a avaliación, o enfoque cuantativo co cualitativo, con predominancia deste último. A demarcación territorial e social cínguese a Galicia, tendo en conta a súa singularidade xeográfica, lingüística e, sobre todo, xurídico-política e administrativa. O marco temporal abrangue catro décadas, desde os inicios da Transición democrática -final oficial da ditadura franquista, en 1975- ata a actualidade. A análise deste período permite explicar a evolución e as actuacións das entidades inseridas na dinámica social, cultural, normativa, política e institucional. Con todo, no que respecta ao traballo empírico, situamos no ano 2007 o noso punto de partida: un cuadrienio no que se concreta a análise en profundidade de iniciativas de ASC e ASCI das entidades que conforman a mostra. Finalmente, observamos que cómpre facer efectivo o dereito á participación social da infancia e fomentar a cidadanía e o uso axeitado do lecer. Para iso deben reorientarse as políticas de lecer dirixidas á infancia. Neste sentido, non se atoparon diferenzas significativas entre as entidades estudadas. Por outra banda, verificouse a existencia da dicotomía entre animación sociocultural e cultural e, nalgúns casos, a predominancia do espectáculo. Ademais, evidenciamos que se deben mellorar diversos aspectos metodolóxicos, entre eles, o de avaliación, xa que apenas se avalían as iniciativas de ASC, incluídas as de ASCI.gl
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/13685
dc.language.isoglggl
dc.rightsEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.rights.accessRightsopen accessgl
dc.rights.urihttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.subjectInfanciagl
dc.subjectParticipacióngl
dc.subjectAnimación socioculturalgl
dc.subjectOciogl
dc.subjectCulturagl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::58 Pedagogía::5801 Teoría y métodos educativos::580107 Métodos pedagógicosgl
dc.titleAnimación Sociocultural na infancia: iniciativas e programas nos tempos de lecer en Galiciagl
dc.typedoctoral thesisgl
dspace.entity.typePublication
relation.isAdvisorOfPublication9973dd61-9a31-4edb-99c6-7cb02ecc1eed
relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscovery9973dd61-9a31-4edb-99c6-7cb02ecc1eed

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
rep_916.pdf
Size:
39.6 MB
Format:
Adobe Portable Document Format