O papel do recoñecemento emocional no diagnóstico diferencial entre a variante condutual da demencia frontotemporal e a demencia de Alzheimer: unha revisión sistemática
| dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Psicoloxía | |
| dc.contributor.author | Pereira Facal, Julia | |
| dc.contributor.tutor | Corral Varela, María Montserrat | |
| dc.date.accessioned | 2025-11-10T08:22:10Z | |
| dc.date.available | 2025-11-10T08:22:10Z | |
| dc.date.issued | 2025 | |
| dc.description | Traballo Fin de Grao en Psicoloxía. Curso 2024-2025 | |
| dc.description.abstract | A demencia frontotemporal (DFT) é a terceira enfermidade dexenerativa máis común en persoas maiores de 65 anos. A súa variante condutual (DFTvc), que supón o 50% de casos, asóciase cunha dexeneración progresiva dos circuítos neurais implicados na cognición social. A presentación máis frecuente da demencia de Alzheimer (DA), pola súa parte, está asociada coa dexeneración hipocampal e caracterízase por un marcado deterioro da memoria episódica, mentres que a súa variante frontal presenta unha sintomatoloxía máis condutual. A posibilidade de confundir ambas patoloxías, e a súa elevada prevalencia na sociedade, fai necesario optimizar o diagnóstico diferencial entre os dous tipos de demencia. A presente revisión sistemática busca estudar o papel do recoñecemento emocional, un proceso da cognición social afectado na DFTvc, para diferenciar entre esta e a DA. Incluíronse na revisión os estudos que avaliaron a capacidade de recoñecemento emocional en persoas diagnosticadas con DFTvc e persoas con DA. O 10 de decembro de 2024 realizouse unha busca en Scopus, Pubmed e Psycinfo da que se extraeron os 10 artigos finais empregados. As mostras de todos os estudos suman un total de 373 participantes con DFTvc e 335 con DA. Observouse unha maior afectación do recoñecemento emocional nos participantes con DFTvc, tanto na comparación coa poboación sa como co grupo de DA, para emocións de menor e maior complexidade, e especialmente ante aquelas de valencia negativa. Por isto, considérase convinte empregar nos protocolos de avaliación da demencia probas de recoñecemento emocional para facilitar o diagnóstico diferencial | |
| dc.description.abstract | The frontotemporal dementia (FTD) is the third most common disease in people older than 65 years. Its behavioral variant (bvFTD), which entails 50% of the cases, is associated with a progressive degeneration of the neural routes involved in social cognition. On the other hand, the most frequent Alzheimer’s dementia (AD) presentation is associated with a hippocampus degeneration and defined by a noticeable decline of the episodic memory, while its frontal variant presents a more behavioral symptomatology. The possibility of mixing both diseases, and their high prevalence in society, makes it necessary to optimize the differential diagnosis between both types of dementia. The present systematic review aims to study the role of emotional recognition, a social cognition process affected in the bvFTD, to differentiate it from AD. In this review, we included articles that assessed the emotion recognition ability of bvFTD and AD patients. On 10th December 2024, we did a research in Scopus, Pubmed and Psycinfo, of which we extracted the 10 final studies that we used. The total sample of all the studies reaches an amount of 373 bvFTD participants and 335 AD participants. It was observed that the bvFTD group had a more severe deficit in emotion recognition compared to the control group and the AD group, to basic and complex emotions and, especially, toward negative emotions. Therefore, it is considered appropriate to use emotion recognition tests in dementia assessment protocols, to ease the differential diagnosis | |
| dc.identifier.uri | https://hdl.handle.net/10347/43625 | |
| dc.language.iso | glg | |
| dc.rights | Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International | en |
| dc.rights.accessRights | open access | |
| dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ | |
| dc.subject | Demencia frontotemporal | |
| dc.subject | Variante condutual | |
| dc.subject | Demencia de Alzheimer | |
| dc.subject | Recoñecemento emocional | |
| dc.subject | Diagnóstico diferencial | |
| dc.subject | Frontotemporal dementia | |
| dc.subject | Behavioral variant | |
| dc.subject | Alzheimer’s dementia | |
| dc.subject | Emotion recognition | |
| dc.subject | Differential diagnosis | |
| dc.title | O papel do recoñecemento emocional no diagnóstico diferencial entre a variante condutual da demencia frontotemporal e a demencia de Alzheimer: unha revisión sistemática | |
| dc.type | bachelor thesis | |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isTutorOfPublication | c3c41ce2-25e3-422f-9d37-dec4a7ad4b2a | |
| relation.isTutorOfPublication.latestForDiscovery | c3c41ce2-25e3-422f-9d37-dec4a7ad4b2a |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1
Loading...
- Name:
- 2025_tfg_psicoloxia_pereira_opapel.pdf
- Size:
- 617.87 KB
- Format:
- Adobe Portable Document Format