Caroline Herschel vs. Marie Anne Paulze Lavoisier: dúas maneiras de facer ciencia

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Universidade de Santiago de Compostela
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A Ilustración impulsou os avances científicos e a toma de conciencia da humanidade respecto das vantaxes producidas polo coñecemento e polas melloras técnicas que fomentaba. Esta etapa iníciase a finais do século XVII e remata coa Revolución Francesa. En palabras de D'Alembert a Ilustración discutiu, analizou e axitou todo, dende as ciencias profanas aos fundamentos da revelación». Tamén as primeiras reivindicacións feministas, as primeiras escritoras que publicamente denunciaron a situación das mulleres, pertencen a esta etapa, como as ben coñecidas Olympia de Gouges ou Mary Wollstonecraft, quen vindicaba: “non desexo que as mulleres teñan máis poder que os homes, senón que teñan máis poder sobre si mesmas”. A formación intelectual recibida polas mulleres estaba moi afastada do axeitado, ou incluso non existía e, como consecuencia, a presenza feminina e as súas achegas, tanto nas ciencias como nas técnicas, foron indiscutiblemente menores. Con todo, algunhas conseguiron, co seu afán e esforzo, contra dos evidentes atrancos e a máis indiscutible discriminación, superar barreiras e contribuír aos avances científicos. Caroline Herschel e Marie Anne Paulze, coincidiron no tempo, na grande etapa de evolución do pensamento que supuxo a Ilustración, se ben en circunstancias ben diferentes. Ambas as dúas viven e traballan cientificamente a carón dun home: Carolina do lado do seu irmán, o gran astrónomo William Herschel -o descubridor, entre outras moitas achegas, do planeta Urano- e Marie Anne estivo casada con Antoine Lavoisier –o chamado pai da Química moderna, co que queda suficientemente aclarado a súa transcendencia nesta nova disciplina-. Noutras comunicacións presentadas por varios de nós noutros congresos de ENCIGA (ver bibliografía) demos conta das actividades científicas, realizadas por separado, tanto por Marie Anne Paulze como por Carolina Herschel. Nesta comunicación tratando de Instruír, Divertir e Educar, coma sempre, pretendemos amosar comparativamente, a valía científica destas importantes mulleres da nosa Historia en determinadas actividades das súas ciencias que lles resultaron comúns.

Description

Keywords

Bibliographic citation

Boletín das Ciencias, ano 29, n. 82 (2016). Recolle os contidos presentados a: ENCIGA. Congreso (29. 2016. Negreira)

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional