Microenxerto e recultivo do calo basal na micropropagación de material adulto de carballo e castiñeiro
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Estudouse o recultivo do calo basal e o microenxerto sobre patróns xuvenís para mellorar a micropropagación de material adulto de carballo e castiñeiro.
O recultivo do calo basal permite aumentar a produción de microbrotes, con un menor custo unitario, con respecto ó uso exclusivo de explantos ‘convencionais’ (nós e ápices).
As veces que pode recultivarse un explanto con calo basal depende do xenotipo e do estado ontoxenético. Cando a micropropagación inclúe o recultivo do calo basal, a taxa de multiplicación estabilízase en torno ó quinto subcultivo. Os calos basais sen xemas axilares nunca produciron microbrotes, o que diminúe o risco de mutación somaclonal.
Co obxectivo de incrementar as capacidades morfoxenéticas in vitro do material adulto, realizáronse microenxertos in vivo e in vitro sobre patróns xuvenís. O prendemento dos microenxertos pode considerarse elevado; en carballo prenden mellor os microenxertos in vivo, mentres en castiñeiro o fan os microenxertos in vitro. No clon EPS de Castanea sativa, o microenxerto in vitro e in vivo provocaron un aumento da taxa de multiplicación, que se detecta nos primeiros subcultivos no primeiro caso e tras a fase de estabilización in vitro no segundo. No resto dos clons, o microenxerto non tivo efecto sobre a taxa de multiplicación. O microenxerto en serie non tivo efecto sobre as porcentaxes de enraizamento in vitro. No entanto, o microenxerto en serie in vivo pode ser útil para a obtención masiva de planta enxertada e como alternativa ao forzado de segmentos de rama, para a obtención de explantos.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl



