RT Dissertation/Thesis T1 Microenxerto e recultivo do calo basal na micropropagación de material adulto de carballo e castiñeiro A1 Crecente Campo, Santiago K1 Microenxerto K1 calo basal K1 micropropagación K1 castiñeiro K1 carballo AB Estudouse o recultivo do calo basal e o microenxerto sobre patróns xuvenís para mellorar a micropropagación de material adulto de carballo e castiñeiro.O recultivo do calo basal permite aumentar a produción de microbrotes, con un menor custo unitario, con respecto ó uso exclusivo de explantos ‘convencionais’ (nós e ápices).As veces que pode recultivarse un explanto con calo basal depende do xenotipo e do estado ontoxenético. Cando a micropropagación inclúe o recultivo do calo basal, a taxa de multiplicación estabilízase en torno ó quinto subcultivo. Os calos basais sen xemas axilares nunca produciron microbrotes, o que diminúe o risco de mutación somaclonal.Co obxectivo de incrementar as capacidades morfoxenéticas in vitro do material adulto, realizáronse microenxertos in vivo e in vitro sobre patróns xuvenís. O prendemento dos microenxertos pode considerarse elevado; en carballo prenden mellor os microenxertos in vivo, mentres en castiñeiro o fan os microenxertos in vitro. No clon EPS de Castanea sativa, o microenxerto in vitro e in vivo provocaron un aumento da taxa de multiplicación, que se detecta nos primeiros subcultivos no primeiro caso e tras a fase de estabilización in vitro no segundo. No resto dos clons, o microenxerto non tivo efecto sobre a taxa de multiplicación. O microenxerto en serie non tivo efecto sobre as porcentaxes de enraizamento in vitro. No entanto, o microenxerto en serie in vivo pode ser útil para a obtención masiva de planta enxertada e como alternativa ao forzado de segmentos de rama, para a obtención de explantos. YR 2013 FD 2013-06-25 LK http://hdl.handle.net/10347/8636 UL http://hdl.handle.net/10347/8636 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026