Aportacións sobre a tipoloxía e composición florística dos bosques mesófilos de quercíneas do occidente da Cornixa cantábrica (NW Ibérico)
| dc.contributor.area | Área de Enxeñaría e Arquitectura | |
| dc.contributor.author | Rodríguez Guitián, Manuel Antonio | |
| dc.date.accessioned | 2012-03-23T12:22:30Z | |
| dc.date.available | 2012-03-23T12:22:30Z | |
| dc.date.issued | 2010 | |
| dc.description.abstract | Realízase unha revisión da tipoloxía fitosociolóxica das formacións arboradas dominadas por especies do xénero Quercus existentes no extremo setentrional de Galicia e o NW de Asturias a partir da revisión da información existente e da aportada nunha mostraxe de 183 novas localidades. Aínda que se mantén a inclusión dos bosques maioritarios deste territorio na asociación Blechno spicant-Quercetum roboris, reinterprétase o número e xerarquía das unidades de rango inferior (subasociacións, variantes, facies, fases) neles identificadas. Ademáis, dase a coñecer a existencia de carballais termófilos galaico-portugueses (as. Rusco aculeati-Quercetum roboris) en diversas localidades da área de estudo situadas entre a desembocadura do Río Eume (A Coruña) e O Valadouro (Lugo), así como a de reboleiras con carballo (as. Lonicero periclymeni-Quercetum pyrenaicae) nas cunca media e alta do río Eo, diversos tributarios pola esquerda do Río Navia e no tramo medio do Río Narcea. Por último, considérase necesario aportar máis datos para clarificar a entidade sintaxonómica dos carballais existentes ao longo das cuncas altas dos ríos Miño, Mandeo e Tambre. A reinterpretación proposta eleva de un a tres (catro?) a variedade de asociacións de bosques de quercíneas mesófilas existentes na área de estudio, o que supón un considerable incremento da diversidade fitocenótica arbórea recoñecida nesta unidade bioxeográfica. | gl |
| dc.identifier.issn | 1885-5547 | |
| dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/3824 | |
| dc.language.iso | glg | gl |
| dc.rights.accessRights | open access | gl |
| dc.subject | Carballais | gl |
| dc.subject | Reboleiras | gl |
| dc.subject | Fitosocioloxía | gl |
| dc.subject | Reinterpretación | gl |
| dc.subject | Galicia | gl |
| dc.subject | Asturias | gl |
| dc.subject | NW Spain | gl |
| dc.subject | Pedunculate-oak woodlands | gl |
| dc.subject | Pyrenean-oak woodlands | gl |
| dc.subject | Phytosociology | gl |
| dc.title | Aportacións sobre a tipoloxía e composición florística dos bosques mesófilos de quercíneas do occidente da Cornixa cantábrica (NW Ibérico) | gl |
| dc.type | journal article | gl |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isAuthorOfPublication | eb0da680-cb7a-4955-b506-dc701d11064f | |
| relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscovery | eb0da680-cb7a-4955-b506-dc701d11064f |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1