Aportacións sobre a tipoloxía e composición florística dos bosques mesófilos de quercíneas do occidente da Cornixa cantábrica (NW Ibérico)
Loading...
Files
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Realízase unha revisión da tipoloxía
fitosociolóxica das formacións arboradas dominadas por
especies do xénero Quercus existentes no extremo
setentrional de Galicia e o NW de Asturias a partir da
revisión da información existente e da aportada nunha
mostraxe de 183 novas localidades. Aínda que se mantén a
inclusión dos bosques maioritarios deste territorio na
asociación Blechno spicant-Quercetum roboris,
reinterprétase o número e xerarquía das unidades de rango
inferior (subasociacións, variantes, facies, fases) neles
identificadas. Ademáis, dase a coñecer a existencia de
carballais termófilos galaico-portugueses (as. Rusco
aculeati-Quercetum roboris) en diversas localidades da área
de estudo situadas entre a desembocadura do Río Eume (A
Coruña) e O Valadouro (Lugo), así como a de reboleiras con
carballo (as. Lonicero periclymeni-Quercetum pyrenaicae)
nas cunca media e alta do río Eo, diversos tributarios pola
esquerda do Río Navia e no tramo medio do Río Narcea.
Por último, considérase necesario aportar máis datos para
clarificar a entidade sintaxonómica dos carballais existentes
ao longo das cuncas altas dos ríos Miño, Mandeo e Tambre.
A reinterpretación proposta eleva de un a tres (catro?) a
variedade de asociacións de bosques de quercíneas
mesófilas existentes na área de estudio, o que supón un
considerable incremento da diversidade fitocenótica
arbórea recoñecida nesta unidade bioxeográfica.







