Unha enxeñeira ou científica en cada cole
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Nesta comunicación, presentamos o proxecto Unha enxeñeira ou científica en cada cole organizado pola Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela (USC) en colaboración co Concello de Santiago de Compostela. Esta iniciativa pretende incentivar a presenza de rapazas en carreiras relacionadas coas disciplinas STEM (ciencia, enxeñería, tecnoloxía e matemáticas), mediante actividades didácticas nos centros educativos que rachen cos estereotipos sexistas da nosa sociedade.
A actividade didáctica consistiu na realización de dezanove obradoiros, dirixidos a nenas e nenos de 5º ou 6º de primaria e realizados nos meses de setembro e outubro de 2016. Os obradoiros foron impartidos por profesoras ou investigadoras da USC e do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) para crear referentes femininos e incentivar a presenza de rapazas no ámbito científico tecnolóxico. Ademais, estes obradoiros amosaron a relación da ciencia e da tecnoloxía coa nosa vida cotiá e serviron para achegar ao alumnado a estas disciplinas dun xeito lúdico
Description
Póster presentado na V XORNADA UNIVERSITARIA GALEGA EN XÉNERO. TRANSFORMANDO DENDE A UNIVERSIDADE. Vigo, 7 Xullo 2017
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
http://hdl.handle.net/10347/16838
Requires
Sponsors
Concello de Santiago de Compostela
Rights
Atribución-NoComercial-SinDerivadas 3.0 España








