Mulleres, educación e mercado de traballo : comparativa entre Grecia, Italia e Portugal
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Geographic coverage
Abstract
Este traballo céntrase na relación existente entre o nivel educativo das mulleres e a súa participación no mercado laboral. A análise lévase a cabo mediante modelos econométricos para tres países do sur de Europa como son Grecia, Italia e Portugal, incluídos no réxime de benestar mediterráneo. Para elo terase en conta, de xeito separado, a porcentaxe de mulleres con estudos de nivel secundario ou terciario, e por outra banda só a porcentaxe de mulleres con estudos de nivel superior. Os resultados obtidos poñen de manifesto que a educación ten un efecto positivo sobre a participación, corroborando as teorías sobre o impacto do capital humano no emprego e a revisión das achegas empíricas aplicadas a diversas zonas xeográficas. O percorrido que se presenta neste traballo vai dende unha perspectiva teórica ata chegar á modelización econométrica, pasando por unha parte descriptiva. Nesta última realízase unha comparativa da situación de variables referidas á educación e ao mercado laboral. Na primeira as mulleres amosan mellores porcentaxes. Na segunda atopamos diferenzas na ocupación de mulleres e homes nos mercados de cada un dos tres países. Destaca o sector servizos, máis feminizado, mentres que a industria e a construción son sectores máis masculinizados.
Para a realización deste traballo empregáronse un total de 9998 palabras.
Description
Traballo Fin de Grao en Economía







