Variación na expresión do futuro en galego a través de textos narrativos modernos

dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía
dc.contributor.authorRodríguez Domínguez, Ana
dc.contributor.tutorSousa Fernández, Xulio
dc.date.accessioned2025-12-17T11:43:01Z
dc.date.available2025-12-17T11:43:01Z
dc.date.issued2025
dc.descriptionTraballo de Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2024-2025
dc.description.abstractNalgunhas variedades romances, como o español de América, estase a producir un notable avance no proceso de substitución do futuro morfolóxico (-rei) pola forma perifrástica ir (a) + infinitivo para a expresión dos valores temporais de futuridade (Bermúdez, 2016). En galego, os estudos existentes (Meier, 1974; Rojo, 1974; López Martínez, 2012), aínda que apuntan cara ao mantemento do valor de prospección en ámbalas dúas formas, tamén amosan, con certas diferenzas, un aumento na frecuencia de uso do futuro analítico en detrimento do sintético. O traballo ten como obxectivo analizar os valores e a distribución do futuro morfolóxico e da construción ir + infinitivo nunha selección de textos narrativos escritos do século XXI. Á fin de dar conta dos factores que poden determinar a escolla dunha ou doutra forma cando estas se atopan en situación de alternancia, examinaranse os seus usos atendendo a unha selección de variables que resultaron relevantes en estudos previos (Bauhr, 1989; Sedano 1994, 2006; López Martínez, 2012): a distancia temporal, a persoa gramatical do verbo, o tipo de oración e a modalidade. Para a obtención de datos, empregarase o Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), que permite a recuperación automática das formas propostas para o estudo, de acordo coa tipoloxía textual e o período cronolóxico establecidos. Preténdese, deste xeito, comprobar se a expresión de futuridade no galego segue ou non as tendencias de cambio lingüístico iniciadas noutras variedades, así como examinar a incidencia das variables na escolla de cada unha das formas
dc.identifier.urihttps://hdl.handle.net/10347/44548
dc.language.isoglg
dc.rightsAttribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 Internationalen
dc.rights.accessRightsopen access
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/
dc.subjectVariación lingüística
dc.subjectFuturidade
dc.subjectFuturo morfolóxico
dc.subjectIr + infinitivo
dc.subjectPerífrases verbais
dc.titleVariación na expresión do futuro en galego a través de textos narrativos modernos
dc.title.alternativeVariación en la expresión del futuro en gallego a través de textos narrativos moderno
dc.title.alternativeVariation in the expression of future tense in Galician through modern narrative texts
dc.typebachelor thesis
dspace.entity.typePublication
relation.isTutorOfPublicationc220a828-d0c7-4375-b866-75ab6d1926a9
relation.isTutorOfPublication.latestForDiscoveryc220a828-d0c7-4375-b866-75ab6d1926a9

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
Rodriguez Dominguez, Ana.pdf
Size:
2.15 MB
Format:
Adobe Portable Document Format