Presenza de Mycoplasma haemofelis e outros micoplasmas hemotrópicos en gatos do noroeste de España
| dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Patoloxía Animal | es_ES |
| dc.contributor.author | Parga Braña, Miriam | |
| dc.contributor.tutor | Prieto Lago, Alberto | |
| dc.contributor.tutor | López-Lorenzo, Gonzalo | |
| dc.date.accessioned | 2024-04-05T14:35:32Z | |
| dc.date.available | 2024-04-05T14:35:32Z | |
| dc.date.issued | 2023 | |
| dc.description | Traballo Fin de Grao en Veterinaria. Curso 2022-2023 | es_ES |
| dc.description.abstract | Os micoplasmas hemotrópicos (hemoplasmas) son bacterias intracelulares que infectan os glóbulos vermellos dunha gran variedade de mamíferos provocando anemias hemolíticas graves; no caso dos gatos, estes patóxenos provocan a anemia infecciosa felina. Os micoplasmas hemotrópicos atópanse amplamente estendidos mundialmente, e nos últimos anos están adquirindo gran relevancia en España. Os obxectivos deste traballo de fin de grado foron determinar a posible presenza de micoplasmas hemotrópicos nos gatos do noroeste de España e identificar as especies atopadas de xeito molecular e, tamén, se existe influenza de factores como a idade, o sexo, a presenza de pulgas e o estilo de vida dos gatos sobre a presenza destes microorganismos. Para isto realizouse unha mostraxe dun total de 74 mostras de sangue enteiro de gatos do noroeste de España, recollendo ademais diferentes datos sobre a súa procedencia, sexo, idade, presenza de pulgas e o seu estilo de vida. A partir das mostras de sangue enteiro realizouse unha PCR convencional para a detección de micoplasmas hemotrópicos, e a continuación as mostras positivas foron secuenciadas mediante o método Sanger. Por último, construíuse unha árbore filoxenética coas secuencias obtidas e outras de referencia previamente descritas e realizouse unha análise estatística para estudar si entre as variables recollidas e a positividade había diferencias significativas. Un total de 12 mostras (16,22 %) resultaron positivas a Mycoplasma spp. hemotrópicos mediante PCR. As especies atopadas e as súas prevalencias foron as seguintes: Mycoplasma haemofelis, 6,76 %; “Candidatus Mycoplasma haemominutum”, 6,76 %; Mycoplasma wenyonii, 1,35 %; e “Candidatus Mycoplasma haemobos”, 1,35 %; así, este traballo arroxa nova información sobre a presenza das diferentes especies de micoplasmas hemotrópicos no noroeste de España. Polo que respecta ao estudo estatístico, as variables idade e sexo non presentaron relacións significativas coa positividade (p > 0,05), mentres que a presenza de pulgas e o estilo de vida colonia-acceso ao exterior si mostraron diferenzas significativas (p < 0,05). Estes resultados reforzan a idea de que a transmisión mediante vectores como as pulgas e a transmisión por contacto directo son as formas de transmisión máis importantes nestas infeccións. Ademais, este estudo supón a primeira descrición de “Candidatus M. haemobos” en gatos, un micoplasma hemotrópico cuxo hospedeiro principal son os bóvidos. | es_ES |
| dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/33431 | |
| dc.language.iso | glg | es_ES |
| dc.rights | Atribución 4.0 Internacional | |
| dc.rights.accessRights | open access | es_ES |
| dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ | |
| dc.subject | Micoplasmas hemotrópicos | es_ES |
| dc.subject | Gatos | es_ES |
| dc.subject | PCR | es_ES |
| dc.subject | Factores de risco | es_ES |
| dc.subject | Secuenciación | es_ES |
| dc.subject | Filoxenia | es_ES |
| dc.title | Presenza de Mycoplasma haemofelis e outros micoplasmas hemotrópicos en gatos do noroeste de España | es_ES |
| dc.type | bachelor thesis | es_ES |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isAdvisorOfPublication | bb2d1ebc-9c00-4373-8649-5059975a649f | |
| relation.isTutorOfPublication | bb2d1ebc-9c00-4373-8649-5059975a649f | |
| relation.isTutorOfPublication | 41978cdd-119d-44e1-85da-0e19843bc775 | |
| relation.isTutorOfPublication.latestForDiscovery | bb2d1ebc-9c00-4373-8649-5059975a649f |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1
Loading...
- Name:
- TFG_2022-23_Miriam_Parga_Braña.pdf
- Size:
- 965.88 KB
- Format:
- Adobe Portable Document Format
- Description: