A Minerva compostelá. As súas glorias
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. Universidade de Santiago de Compostela
Abstract
Mirar desde o presente cara a atrás —con orgullo e respecto e con ansias dun futuro mellor— é unha das ideas que Varela de Montes desenvolve nun discurso que pronuncia na universidade compostelá, referíndose a ela, alá por 1847. Pois ben, desde unha formulación similar, proxéctase esta mostra, titulada A Minerva Compostelá. As súas glorias. Na súa posta en escena pártese do que supoñen dous espazos emblemáticos do Colexio de Santiago Alfeo ou de Fonseca: o chamado Salón Artesoado —tamén coñecido, antano, como «Aula General de Teología»— e a súa capela, que conta, ademais, cunha pequena sancristía anexa.
Pois ben, se do que se trata é de abordar o tema das glorias que a Minerva Compostelá tivo, cóntase, neste caso, cunha serie de retratos e de vítores desde os que se propón un relato. Neste sentido cabe dicir que, no século xix, a daquela denominada Biblioteca Pública, situada no edificio central da universidade compostelá —a actual Facultade de Xeografía e Historia—, contaba cunha galería de vinte e dous retratos desde os que se quería honrar algúns dos personaxes que fixeron importantes doazóns de fondos para ela, mesmo cando algún dos presentados —é ocaso do marqués de Rodil— non se explicadesde tal perspectiva.
Description
Bibliographic citation
GARCÍA IGLESIAS, José Manuel (COMISARIO) (2021). A Minerva compostelá. As súas glorias. Catálogo da exposición. Colexio de Fonseca, 7 de outubro de 2021-22 de xaneiro de 2022. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. Universidade de Santiago de Compostela
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional







