Rexistrado de imaxes hiperespectrais baseado na transformada rápida de Fourier
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
O proxecto centrarase no estudo de diferentes algoritmos xa existentes para rexistro de imaxes RGB que están baseados na transformada rápida de Fourier. A raíz dese estudo seleccionaranse os máis prometedores para desenvolvelos e analizar diferentes posibilidades de aplicación destes algoritmos ás imaxes hiperespectrais, pois a súa aplicación non é directa. Investigarase tamén sobre diferentes métodos de extracción de características das imaxes hiperespectrais para así poder reducir a súa dimensionalidade e quedarnos coa información máis relevante sobre a que se realizará o rexistrado. Os algoritmos desenvolvidos serán capaces de realizar o rexistrado de dúas imaxes hiperespectrais do mesmo obxecto ou localización, facendo corresponder os diferentes puntos mediante o cálculo do ángulo de rotación, factor de escala e translación dunha imaxe respecto da outra. Estes resultados deberán ser amosados tanto numéricamente como xerar a imaxe resultante do proceso. Traballarase sobre diferentes posibilidades de aplicación destas técnicas sobre diferentes versións do algoritmo. Realizaranse numerosas probas e modificacións co fin de conseguir un bo método de rexistrado. Concluírase o traballo cunha análise dos resultados obtidos.
Description
Traballo Fin de Grao en Enxeñaría Informática. Curso 2014-2015
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional








