RT Generic T1 Rexistrado de imaxes hiperespectrais baseado na transformada rápida de Fourier A1 Ordóñez Iglesias, Álvaro K1 Imaxe hiperespectral K1 Transformada Rápida de Fourier K1 Rexistrado de imaxes AB O proxecto centrarase no estudo de diferentes algoritmos xa existentes para rexistro de imaxes RGB que están baseados na transformada rápida de Fourier. A raíz dese estudo seleccionaranse os máis prometedores para desenvolvelos e analizar diferentes posibilidades de aplicación destes algoritmos ás imaxes hiperespectrais, pois a súa aplicación non é directa. Investigarase tamén sobre diferentes métodos de extracción de características das imaxes hiperespectrais para así poder reducir a súa dimensionalidade e quedarnos coa información máis relevante sobre a que se realizará o rexistrado. Os algoritmos desenvolvidos serán capaces de realizar o rexistrado de dúas imaxes hiperespectrais do mesmo obxecto ou localización, facendo corresponder os diferentes puntos mediante o cálculo do ángulo de rotación, factor de escala e translación dunha imaxe respecto da outra. Estes resultados deberán ser amosados tanto numéricamente como xerar a imaxe resultante do proceso. Traballarase sobre diferentes posibilidades de aplicación destas técnicas sobre diferentes versións do algoritmo. Realizaranse numerosas probas e modificacións co fin de conseguir un bo método de rexistrado. Concluírase o traballo cunha análise dos resultados obtidos. YR 2015 FD 2015-07 LK http://hdl.handle.net/10347/26548 UL http://hdl.handle.net/10347/26548 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Enxeñaría Informática. Curso 2014-2015 DS Minerva RD 23 abr 2026