Sen rancor nin esquecemento. As accións da memoria traumática na Transición en Galicia (1976-1986)

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Geographic coverage

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Un consenso colectivo construído sobre o esquecemento do trauma. Un desexo común nese esquecemento froito da busca dun futuro en paz. Estas son as premisas sobre as que se fundamentou o relato da Transición. Fronte a este relato mitificado da orixe da democracia, desenvolvéronse posicións críticas co proceso transicional que o consideraron un tempo de imposición do silencio e de trunfo da amnesia colectiva. Ambas lecturas negaron a existencia da memoria traumática no espazo público durante a Transición. O presente traballo ten como obxectivo determinar se existiron e definir, no seu caso, as características das accións colectivas e institucionais que en Galicia levaron ao espazo público a memoria traumática da violencia golpista e franquista ou da experiencia republicana anterior, durante o período comprendido entre 1976 e 1986. Para abordar esta investigación levouse a cabo un traballo de campo sistemático baseado na localización e análise de fontes hemerográficas, documentais e orais. O resultado desta investigación arroxou o coñecemento dun rico ecosistema de accións da memoria cun rexistro de máis de 300 iniciativas. O estudo das mesmas posibilitou a división do período en tres etapas nas que predominaron unhas características específicas.

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International