RT Dissertation/Thesis T1 Sen rancor nin esquecemento. As accións da memoria traumática na Transición en Galicia (1976-1986) A1 Morgade Valcárcel, Iria K1 memoria traumática K1 Transición K1 mobilización social K1 políticas de memoria AB Un consenso colectivo construído sobre o esquecemento do trauma. Un desexo común nese esquecemento froito da busca dun futuro en paz. Estas son as premisas sobre as que se fundamentou o relato da Transición. Fronte a este relato mitificado da orixe da democracia, desenvolvéronse posicións críticas co proceso transicional que o consideraron un tempo de imposición do silencio e de trunfo da amnesia colectiva. Ambas lecturas negaron a existencia da memoria traumática no espazo público durante a Transición. O presente traballo ten como obxectivo determinar se existiron e definir, no seu caso, as características das accións colectivas e institucionais que en Galicia levaron ao espazo público a memoria traumática da violencia golpista e franquista ou da experiencia republicana anterior, durante o período comprendido entre 1976 e 1986. Para abordar esta investigación levouse a cabo un traballo de campo sistemático baseado na localización e análise de fontes hemerográficas, documentais e orais. O resultado desta investigación arroxou o coñecemento dun rico ecosistema de accións da memoria cun rexistro de máis de 300 iniciativas. O estudo das mesmas posibilitou a división do período en tres etapas nas que predominaron unhas características específicas. YR 2025 FD 2025 LK https://hdl.handle.net/10347/42109 UL https://hdl.handle.net/10347/42109 LA glg DS Minerva RD 25 abr 2026