Mamasunción. Na xénese dun novo cinema galego

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

O texto analiza a curtametraxe Mamasunción (1984) de Chano Piñeiro como obra fundacional dun cinema galego contemporáneo e comprometido coa identidade cultural e política do país. A curtametraxe parte dunha historia real coñecida por Piñeiro grazas ao seu vínculo coa familia do carteiro e fotógrafo Manuel Barreiro Ouro, quen influíu na súa formación e tamén participou no filme. Este lazo emocional e territorial define o espírito da obra, que se caracteriza por unha estética de non-ficción, elencos non profesionais e unha ollada humanista e introspectiva sobre a sociedade rural galega. Mamasunción non só representa un salto técnico e artístico, senón tamén un posicionamento ideolóxico. A historia da emigración, a ausencia e o tempo conflúen na figura da tía Sunción, símbolo da dor colectiva da Galiza despoboada. A curtametraxe destaca polo seu compromiso coa lingua, a terra e a representación digna do pobo galego, afastándose do folclorismo e asumindo unha óptica crítica, anticapitalista e antiimperialista. O filme anticipa moitos elementos do Novo Cinema Galego (NCG) como a hibridación de xéneros, a mirada propia sobre o rural e a reivindicación da lingua e cultura galegas. Sen ser vangardista no estilo, Mamasunción é audaz na intención e na mensaxe. Chano Piñeiro é precursor dunha forma de facer cinema como ferramenta de resistencia e construción identitaria que, décadas despois, atopa continuidade no NCG, consolidando a súa proposta estética e política nun cinema periférico, pero universal.

Description

Traballo premiado na V edición dos "Premios María Luz Morales de Ensaio sobre o Audiovisual" (2021), na categoría "Mellor Ensaio Escrito sobre Audiovisual Galego"

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Attribution-NonCommercial 4.0 International