RT Generic T1 Mamasunción. Na xénese dun novo cinema galego T2 Mamasunción. In the genesis of Galician new cinema A1 Barreiro-Rozados, Manuel K1 Mamasunción K1 Chano Piñeiro K1 Cinema galego K1 Identidade cultural K1 Emigración K1 Novo Cinema Galego (NCG) K1 Cinema galego K1 Cinema rural K1 Cinema periférico K1 Linguas minorizadas AB O texto analiza a curtametraxe Mamasunción (1984) de Chano Piñeiro como obra fundacional dun cinema galego contemporáneo e comprometido coa identidade cultural e política do país.A curtametraxe parte dunha historia real coñecida por Piñeiro grazas ao seu vínculo coa familia do carteiro e fotógrafo Manuel Barreiro Ouro, quen influíu na súa formación e tamén participou no filme. Este lazo emocional e territorial define o espírito da obra, que se caracteriza por unha estética de non-ficción, elencos non profesionais e unha ollada humanista e introspectiva sobre a sociedade rural galega.Mamasunción non só representa un salto técnico e artístico, senón tamén un posicionamento ideolóxico. A historia da emigración, a ausencia e o tempo conflúen na figura da tía Sunción, símbolo da dor colectiva da Galiza despoboada. A curtametraxe destaca polo seu compromiso coa lingua, a terra e a representación digna do pobo galego, afastándose do folclorismo e asumindo unha óptica crítica, anticapitalista e antiimperialista.O filme anticipa moitos elementos do Novo Cinema Galego (NCG) como a hibridación de xéneros, a mirada propia sobre o rural e a reivindicación da lingua e cultura galegas. Sen ser vangardista no estilo, Mamasunción é audaz na intención e na mensaxe. Chano Piñeiro é precursor dunha forma de facer cinema como ferramenta de resistencia e construción identitaria que, décadas despois, atopa continuidade no NCG, consolidando a súa proposta estética e política nun cinema periférico, pero universal. YR 2022 FD 2022-07-07 LK https://hdl.handle.net/10347/42204 UL https://hdl.handle.net/10347/42204 LA glg NO Traballo premiado na V edición dos "Premios María Luz Morales de Ensaio sobre o Audiovisual" (2021), na categoría "Mellor Ensaio Escrito sobre Audiovisual Galego" DS Minerva RD 24 abr 2026