Análise dos padróns de diversidade xenética e epidemioloxía das especies e variedades de Cryptosporidium que parasitan humanos mediante o desenrolo dun protocolo multilocus de tipado xenético de alto rendemento

dc.contributor.advisorMaside Rodríguez, Xulio Manuel
dc.contributor.advisorBartolomé Husson, Carolina
dc.contributor.authorAbal Fabeiro, José Luis
dc.contributor.otherUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Medicina e Odontoloxía. Departamento de Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses
dc.date.accessioned2016-05-19T10:36:48Z
dc.date.available2016-05-19T10:36:48Z
dc.date.issued2016-05-19
dc.description.abstractA criptosporidiose é unha enfermidade causada por un grupo de protozoos pertencentes ó phylum Apicomplexa que cursa xeralmente en forma de diarreas autolimitadas acompañadas de episodios de dor abdominal e vómitos. A falla dun tratamento específico contra dita doenza, a patoloxía soe resolverse de forma espontánea en poucas semanas, aínda que pode resultar letal en doentes inmunocomprometidos e naqueles países en vías de desenvolvemento destaca a súa potencial capacidade de compromete-lo normal desenrolo dos doentes pediátricos. Prodúcense uns nove millóns de casos ó ano en todo o mundo, presentando vías de transmisión tanto zoonóticas como antroponóticas. De feito, debido a que as súas características biolóxicas (formas de resistencia) e ecolóxicas (ubicuidade) favorecen unha eficaz propagación do parasito causante, este considérase un patóxeno emerxente a nivel mundial. O diagnóstico preciso da criptosporidiose baséase na correcta identificación da especie e subtipo infectantes. Para elo estudáronse os padróns de variación nucleotídica de 10 xenes nucleares naquelas especies do xénero Cryptosporidium que máis afectan a humanos. Esta primeira análise evidenciou que os xenomas destes parasitos amosan unha diversidade neutra promedio moderada, evolucionando baixo o efecto predominante da selección purificadora, aínda que un dos locus estudado e o cal ten un alto valor funcional (caso do xene gp60, o cal codifica dúas glicoproteínas que participan no proceso de ancoraxe e invasión das células hóspedes) evoluciona baixo o efecto da selección purificadora. Unha vez estudados os padróns de variación destes loci foi posible identificar aquelas variantes alélicas (55 SNVs) que mellor discriminaban a nivel inter e intraespecífico, os cales se utilizaron no deseño dun protocolo de xenotipado de alto rendemento baseado na tecnoloxía iPLEXTM (MassARRAY System, Agena Bioscience Inc., antes Sequenom) e permitiu a detección molecular das especies (C. hominis e C. parvum) e subtipos (Ib, Id, IIa e IIn) máis frecuentes na área sanitaria de Santiago de Compostela. Ademais de ser dúas ordes de magnitude máis económico (en termos de tempo e custo), este método demostrou unha sensibilidade e especificidade (87 e 99%, respetivamente) mellores que a técnica de PCR-secuenciación de diferentes loci (SSU RNA, COWP1 ou gp60) que se aplica habitualmente coa mesma finalidade grazas a contar con 82 mostras que foran previamente tipadas no Center for Disease Control and Prevention (CDC, Atlanta, EUA).gl
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/14759
dc.language.isoglggl
dc.rightsEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.rights.accessRightsopen accessgl
dc.rights.urihttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.subjectcriptosporidiose en Galiciagl
dc.subjectxenotiposgl
dc.subjectCryptosporidiumgl
dc.subjectvariabilidade xenéticagl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::32 Ciencias médicas::3202 Epidemologiagl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::24 Ciencias de la vida::2409 Genética::240903 Genética de poblacionesgl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::32 Ciencias médicas::3207 Patología::320712 Parasitologíagl
dc.titleAnálise dos padróns de diversidade xenética e epidemioloxía das especies e variedades de Cryptosporidium que parasitan humanos mediante o desenrolo dun protocolo multilocus de tipado xenético de alto rendementogl
dc.typedoctoral thesisgl
dspace.entity.typePublication
relation.isAdvisorOfPublicationa5196d3d-df65-42a8-9ddc-6793dd63a104
relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscoverya5196d3d-df65-42a8-9ddc-6793dd63a104

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
rep_1174.pdf
Size:
20.21 MB
Format:
Adobe Portable Document Format