Evohé: Revista Cultural do Campus de Lugo, número 30

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Authors

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Humanidades
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Evohé. Revista Cultural do Campus de Lugo, a máis lonxeva do estudantado da USC, alcanza o seu número 30 deseñada e presentada polo seu director, Mario Sanfiz, coa colaboración de Alba González. Este trintenario conmemórase cun monográfico dedicado a comentarios de textos actuais, sobre todo de autores relacionados coa Facultade de Humanidades lucense, debido a alumnado do poeta e profesor Claudio Rodríguez Fer na asignatura de Comentario de Textos Literarios. Neste monográfico coméntanse poemas de diversas temáticas -vitalista de Cristina Fiaño, sentimental de Saturnino Valladares, culturalista de Héctor Acebo, amorosa de Tera Blanco de Saracho e erótica de Adina Vladu-, así como un artigo lúdico de Miguel Anxo Murado e un relato intercultural de Saturnino Valladares. A autoría dos comentarios corresponde a Vanessa Eimil, Catalina Herrera Ravinet, Sara Flores Fraga, Eugenia Vázquez Pereira, Santiago Argüeso Galván, Marcela Bao e Mariana Vergara. Fóra do monográfico aparecen dous artigos da hispanista norteamericana Lily Litvak: un sobre o pintor cubano Aldo Menéndez e outro sobre "La novela del Ángel Rojo", dedicada ao benfeitor anarquista Melchor Rodríguez, que salvou centos de vidas durante a guerra civil española. Tamén se publican varios traballos en prosa das alumnas mexicanas de intercambio Mariana Vergara e Paula Fernández, ademais de poemas asinados por Kevin Rodríguez e Pendragon

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional