O cuestionamento actual da centralidade do traballo
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
O presente traballo ten como punto de partida unha cuestión que, como se poderá comprobar nos contidos, foi recorrente ao longo da historia da socioloxía. Foron moitos os autores que se cuestionaron cal é o grao de importancia que ten o traballo na escala de valores dunha determinada sociedade e tamén se chegará algún día no que o traballo xa non exista como forma de organización da actividade humana.
Tras oito anos seguidos de profunda crise económica recoñecida na práctica totalidade dos países capitalistas e que causou profundas feridas no mercado de traballo tal vez irreparables a curto-medio prazo, a cuestión de se estamos a chegar ao fin do traballo asalariado nas sociedades capitalistas avanzadas cobra, se cabe, unha maior relevancia. No presente estudo abordo a cuestión exposta desde dúas dimensións: o fin material do traballo e a perda da centralidade do traballo como valor e como factor de cohesión social.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional





