Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia
| dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais | gl |
| dc.contributor.author | Martínez Cabrera, Helena | |
| dc.contributor.tutor | Rodríguez Rodríguez, Gonzalo | |
| dc.coverage.spatial | east=-8.1338558; north=42.5750554; name=Galicia | |
| dc.date.accessioned | 2020-06-18T07:55:54Z | |
| dc.date.available | 2020-06-18T07:55:54Z | |
| dc.date.issued | 2016 | |
| dc.description | Traballo Fin de Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación. Curso 2015-2016. | gl |
| dc.description.abstract | Galicia non é un paraíso natural: é verde eucalipto. Ou piñeiro, como ben louba Pondal no himno galego. O IV Inventario Forestal Nacional, recollía que por primeira vez na historia, o 20% da superficie arborada de Galicia corresponde a poboacións de eucalipto, 2 puntos percentuais por enriba da seguinte especie máis común, a de piñeiro pinaster ou piñeiro do país. Os últimos datos dispoñibles falan de que un 51,2% da superficie arborada de Galicia corresponde na actualidade a plantacións forestais (Vallejo Bombín, 2011). O estado do monte en Galicia evoca cuestións sobre a causalidade. Por que o monte está así? A quen interesa? Por que a fuxida cara unha monotonía na paisaxe cando dende fóra vese Galicia como unha xoia natural? Por que a repoboación con especies de crecemento rápido, como o piñeiro e eucalipto está aceptada socialmente? Que fai falla para constituír un rural vivo? Dentro desa lóxica, este TFM-12 busca revelar como os cambios no monte galego, en especial o aumento das plantacións forestais para usos industriais nas derradeiras décadas poden ter influenciado na consideración do monte como significativo para a poboación. Identidade, construción dun rural vivo e interiorización dos cambios na paisaxe. Sobre estes tres eixos xira o traballo que a continuación presentamos. Lonxe de querer constituírse o mesmo como un alegato nostálxico do sistema agrario tradicional galego, trataremos de expoñer como a extensión do cultivo de especies forestais de crecemento rápido en Galicia pode estar poñendo en risco a sostibilidade futura e presente de todo o ecosistema, tanto no senso ambiental, económico como social. Farémolo dun xeito interdisciplinar. O noso obxecto de estudo será a aceptación xeralizada e en consecuencia a falta de comportamentos reactivos a grande escala en Galicia diante os cambios no estado do monte e o uso medrante do mesmo para a produción forestal con especies de crecemento rápido. En resumo, a aceptación da eucaliptización. | gl |
| dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/23038 | |
| dc.language.iso | glg | gl |
| dc.rights | Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional | |
| dc.rights.accessRights | open access | gl |
| dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ | |
| dc.subject | Eucalipto | gl |
| dc.subject | Eucalyptus | gl |
| dc.subject | Galicia | gl |
| dc.subject | Plantaciones forestais | gl |
| dc.subject | Plantacións forestais | gl |
| dc.subject | Forest plantations | gl |
| dc.subject | Monte galego | gl |
| dc.subject | Monte gallego | gl |
| dc.subject | Silvicultura | gl |
| dc.subject | Forestry | gl |
| dc.title | Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia | gl |
| dc.type | master thesis | gl |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isTutorOfPublication | 799c4b39-bd78-4beb-870c-5c6f46087b38 | |
| relation.isTutorOfPublication.latestForDiscovery | 799c4b39-bd78-4beb-870c-5c6f46087b38 |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1
Loading...
- Name:
- TFM_12_Martinez_Cabrera_Helena.pdf
- Size:
- 2.14 MB
- Format:
- Adobe Portable Document Format
- Description: