Verba. Anuario Galego de Filoloxía
Permanent URI for this communityhttps://hdl.handle.net/10347/466
Verba, Anuario Galego de Filoloxía é unha revista anual fundada en 1974 coa intención de difundir os estudos filolóxicos realizados en Galicia e coa vocación de dedicar unha atención preferente á lingua galega. Porén, a súa recepción nos ambientes universitarios españois, europeos e americanos abriu o camiño para que especialistas de distintas procedencias ampliasen o seu catálogo de temas e de linguas de traballo. A revista abarca campos como: gramática, fonoloxía, léxico, edición de textos, teoría lingüística e pragmática. Verba admite orixinais en galego, castelán, portugués, catalán, francés, italiano, inglés e alemán. Ademais do volume anual, a revista edita unha colección anexos monográficos, que en 2012 chegan a 70 títulos.
Verba conta co selo de calidade da FECYT e aparece indexada en ERIH PLUS, LLBA, MLA, LINGUISTIC BIBLIOGRAPHY, REGESTA IMPERII, Dietrich's Index Philosophicus, PASCAL, IBZ Online, Fuente Académica Plus, PIO, Fuente Académica Premier, TOC Premier, ISOC, ULRICH, DIALNET, REDIB, SUMARIS CBUC. A ANEP (Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva) categorízaa como revista A.
No índice RESH, Verba sitúase, no período 2004-2008, no posto 6 de 121 entre as revistas españolas de Filoloxía Hispánica de maior impacto. O indicador que mide o impacto é a taxa de citación, calculada en función das citas nas principais revistas científicas españolas e as citas recibidas en Web of Science.
O portal dixital de Verba publícase en galego, español, francés e inglés.
News
Título: Verba: Anuario Galego de Filoloxía
ISSN: 2174-4017
Entidade responsable: Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía
Materia:Estudos lingüísticos e filolóxicos
Data de inicio: 1974
Idiomas:Galego, castelán, portugués, catalán, francés, italiano, inglés e alemán