Moenia, Revista Lucense de Lingüística e Literatura
Permanent URI for this communityhttps://hdl.handle.net/10347/745
Moenia publica volumes anuais, alternando os adicados a Lingüística (números impares) e a Literatura (números pares). Nos volumes de orientación lingüística son áreas de atención preferente a Lingua española, a Lingüística xeral e máis a Filoloxía clásica, e só excepcionalmente se admiten traballos vencellados a outras áreas. Nos volumes orientados cara á investigación literaria son áreas de atención preferente a Literatura española, a Filoloxía galega e máis a Teoría da Literatura, aínda que é habitual a admisión de traballos sobre a literatura en calquera lingua.
A estrutura habitual dos volumes da revista inclúe artigos e recensións. Non infrecuentemente, sobre todo nos volumes adicados a Literatura, existe algunha sección monográfica que constitúe un primeiro bloque de artigos. Nos adicados a Lingüística é habitual que se diferencien os artigos propiamente ditos das “notas”, concebidas como traballos de moi pequena extensión ou ben que versen sobre un tema investigador moi concreto.
A revista, de periodicidade anual, aparece indexada en ERIH PLUS, LLBA, MLA, LINGUISTIC BIBLIOGRAPHY, REGESTA IMPERII, REDIB, Fuente Academica Premier, TOC Premier, ISOC, ULRICH, DIALNET, SUMARIS CBUC e está presente no 43,39% das universidades españolas coa titulación (22/51).
Moenia sitúase, no periodo 2004-2008, no posto 22 de 51 entre as revistas españolas de Lingüística Xeral de maior impacto (RESH). O indicador que mide o impacto é a taxa de citación e para calculala tivéronse en conta as citas nas principais revistas científicas españolas e as citas recibidas no Web of Science.
O portal dixital de Moenia publícase en galego, español e inglés; as linguas de publicación son o galego, portugués, español, catalán, francés, inglés e italiano
News
Título: Moenia: Revista Lucense de Lingüística & Literatura
ISSN: 2340-003X
Entidade responsable: Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Materia: Lingüística e Literatura
Data de inicio: 1995
Idiomas: Galego, español, inglés, portugués, catalán, francés e italiano