Obradoiro de Historia Moderna
Permanent URI for this communityhttps://hdl.handle.net/10347/775
OHM: Obradoiro de Historia Moderna é unha revista anual fundada en 1992 destinada a ampliar e difundir o coñecemento científico no terreo da historia moderna, cunha especial atención ao ámbito de Galicia.
OHM aparece indexada en Historical Abstracts, Historical Abstracts with Full Text, Scopus (aceptada en decembro de 2012), Fuente Académica Premier, Current Abstracts, TOC Premier, (ISOC), ULRICH, DIALNET, SUMARIS CBUC, e está presente no ERIH PLUS. A ANEP (Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva) categorízaa como revista A.
No índice RESH, OHM é a revista española de maior impacto científico na área de historia moderna e a segunda na área de historia moderna e contemporánea. O indicador que mide o impacto é a taxa de citación, calculada en función das citas nas principais revistas científicas españolas e as citas recibidas en Web of Science.
OHM publícase en español, galego, francés e inglés
News
Título: Obradoiro de Historia Moderna
ISSN: 2340-0013
Entidade responsable: Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Materia: Historia Moderna
Data de inicio: 1992
Idiomas: Español, galego, francés e inglés.