Galicia : revista del Centro Gallego

Permanent URI for this communityhttps://hdl.handle.net/10347/24929

Galicia (Centro Gallego de Montevideo) constitúe a nova cabeceira da publicación que de 1917 a 1925 se denominou Centro Gallego: órgano de la colectividad gallega en el Uruguay e, de 1925 a 1929, Revista del Centro Gallego.

Iniciou a súa andaina en agosto de 1929 co número 151 e publicou unicamente 16 números, sendo o último o 167, de xaneiro de 1931. Nesta data desaparece a revista, que só publicará tres números extraordinarios nos anos 1944, 1954 e 1973. Non constou nela director ata o número 160-163, aínda que resulta inequívoca a orientación do doutor Constantino Sánchez Mosquera. Do número 164 ao 167, o director será Julio Sigüenza.

Nos 16 exemplares da revista publicáronse poemas en galego e castelán de autores galegos, e, en menor medida, contos en galego. Tamén son poucos os artigos en galego, destacando colaboracións dos irmáns Antón e Ramón Villar Ponte ou de Castelao. Abundan, en troques, os artigos en castelán de autores como Roberto Blanco Torres, Otero Pedrayo, Herminia Fariña, Álvaro de las Casas ou Pesqueira. Recensións, novidades literarias e novas culturais completan o interese literario da revista.

Fonte:

Vilavedra, D. (Coord.). (1997). Diccionario da Literatura Galega. II, Publicacións periódicas. Vigo: Editorial Galaxia

Este proxecto recibiu unha axuda da Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura do Ministerio de Cultura y Deporte

Browse

Collections in this Community

Now showing 1 - 2 of 2