Sémata
Permanent URI for this communityhttps://hdl.handle.net/10347/807
Sémata é unha revista interdisciplinar, de periodicidade anual, que publica traballos orixinais de investigación sobre calquera das especialidades relativas ao campo das Ciencias Sociais e das Humanidades. Os números da revista teñen un carácter monográfico e rotatorio entre as áreas de Xeografía, Historia e Historia da Arte.
A revista está indexada nas seguintes bases de datos: PASCAL, Fuente Académica Plus, CIRBIC, DIALNET, DICE, LATINDEX, ISOC, Modernitas Citas, REBIUN, RESH, Ulrich’s Directory, MIAR, REDIB.
Conta cun índice de impacto en Humanidades de 4.380 (MIAR), cunha valoración de difusión internacional do 10.5% (DICE), coa categoría B (ANEP), e cumpre 32 dos 33 criterios de LATINDEX.
O portal dixital de Sémata publícase en galego, español e inglés; as linguas de publicación son o galego, portugués, catalán, español, francés, inglés, alemán e italiano
News
Título: Sémata: Ciencias Sociais e Humanidades
ISSN: 2255-5978
Entidade responsable: Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia
Materia:Ciencia Política e Socioloxía, así como outras Ciencias Sociais
Data de inicio: 1988
Idiomas: Galego, español, catalán, portugués, francés, inglés, alemán e italiano