EC/020-Vol.20, Núm. 2 (2011)

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18931

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 11 of 11
  • Item type: Item ,
    A cooperación das empresas galegas como mecanismo de supervivencia. O caso Cenor
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Calvo Babío, Nuria Begoña; Dávila Aparicio, Raúl
    As difíciles condicións da contorna competitiva actual están favorecendo o que hai uns anos parecía imposible: a cooperación empresarial das empresas galegas de pequeno tamaño. Neste traballo, a partir da análise previa dos motivadores e das barreiras á cooperación, realizouse o estudo do proceso de integración estratéxica da empresa Hermanos Pena, SL na Central de Compras CENOR. O diagnóstico da súa predisposición organizativa á cooperación permitiunos propoñer unha metodoloxía destinada non só a favorecer a integración de socios empresariais nunha superestrutura organizativa, capaz de ter unha formulación estratéxica propia e capacidade de crecemento, senón tamén a promover a profesionalización da xestión de empresas caracterizadas tradicionalmente por unha xestión de carácter familiar
  • Item type: Item ,
    A resposta neoinstitucional aos problemas da pesca: estado da arte sobre as Cotas Transferibles Individuais
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Martínez Ballesteros, Hugo; Rodríguez Rodríguez, Gonzalo; Guedes Alcoforado, Ihering; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    A maior parte das pesqueiras do mundo están, cando menos, plenamente explotadas. O principal elemento causal desa situación é a falta dun ambiente institucional regulador dunha actividade pesqueira que, sen regras do xogo definidas, seguiu nas últimas décadas unha tendencia combinada de sobreexplotación dos recursos do mar e de resultados económicos ineficientes. O noso obxectivo é analizar a regulación institucional como fonte de solucións para os principais problemas da pesca moderna, que neste traballo identificamos como sobrepesca e sobrecapitalización do sector pesqueiro. Ademais, nesa tónica reguladora presentaremos a importancia das institucións, dos dereitos de propiedade e da estrutura de incentivos ligadas a ambos os dous como parte capital da acción institucional na pesca. Concretando a importancia da acción institucional na regulación da actividade pesqueira, analizaremos un mecanismo institucional concreto: as Cotas Transferibles Individuais (CTI) como reflexo da acción das institucións e dos dereitos de propiedade aplicados á gobernanza práctica das pesqueiras
  • Item type: Item ,
    Relacións entre a economía, a co-adaptabilidade e a resiliencia dos ecosistemas mariños
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Villasante Larramendi, Carlos Sebastián; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    A alteración humana dos ecosistemas mariños é importante, e continúa crecendo como resultado das diferentes ameazas antropoxénicas. Fronte a esta problemática, o termo “resiliencia” examina a capacidade dos sistemas socioecolóxicos para superar un estrés e recuperarse ou, mesmo, para endoxeneizar os cambios e transcendelos. Este traballo constitúe un avance teórico que examina a magnitude e as características da resiliencia como capacidade para absorber os cambios que sofren os ecosistemas mariños. Igualmente, explóranse as relacións entre a capacidade adaptativa dos ecosistemas ante as modificacións do coñecemento local dos usuarios sobre os recursos mariños, así como os atributos dunha gobernanza sostible, e as interaccións entre os usuarios e as institucións formais e non informais. Por último, preséntase unha discusión e unha reflexión sobre o principio de precaución como o paradigma universalmente válido para a nova xestión dos recursos mariños
  • Item type: Item ,
    Os desafíos para a sostibilidade empresarial no século XXI
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Gil Lafuente, Anna M.; Barcellos Paula, Luciano
    Nas últimas décadas presenciamos cambios económicos, políticos, sociais e ambientais que dunha maneira directa ou indirecta afectan ás empresas. Coa mundialización dos mercados, as economías atópanse máis dependentes unhas das outras e, á vez, máis susceptibles á crise, o que xera tamén un maior grao de incerteza. Ademais, cuestións como o desenvolvemento sostible ou a sostibilidade empresarial actualmente están en evidencia, o que fai aumentar a responsabilidade das empresas fronte aos seus grupos de interese. A necesidade de impulsar o desenvolvemento económico de forma sostible é un desafío para empresas e institucións gobernamentais, que nas últimas décadas buscaron solucións neste sentido a través de protocolos, convenios e acordos que foron pactados en varios cumios internacionais. Á vez, a creación de guías, normas e sistemas de certificación proporciónanlles ás empresas un amplo debate acerca das ferramentas de xestión que se utilizarán para velar pola planificación do desenvolvemento sostible. Neste contexto, o noso obxectivo céntrase en reflexionar sobre os desafíos para a sostibilidade no século XXI mediante todos estes instrumentos e políticas de xestión aplicados ao desenvolvemento sostible na empresa
  • Item type: Item ,
    Responsabilidade Social Empresarial e resiliencia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Piñeiro Chousa, Juan Ramón; Romero Castro, Noelia María; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
    Nunha contorna globalizada, interdependente e en constante cambio non só compiten os produtos e os servizos que desenvolven as empresas, senón tamén os modelos de negocio. O éxito empresarial non pode seguir sustentándose en bases tradicionais, e as empresas deben asumir un proceso de permanente renovación da súa estratexia e ofrecer novas respostas ás necesidades e esixencias da sociedade baixo o marco que formula o concepto de “desenvolvemento sostible”. A responsabilidade social empresarial e a resiliencia preséntanse como ferramentas complementarias para construír un novo tipo de empresa orientada á creación de valor sostible, en relación coa súa capacidade de perdurar no tempo e de crear á vez valor económico, social e ambiental
  • Item type: Item ,
    Presentación bloque temático resiliencia dos sistemas socioecolóxicos
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Villasante Larramendi, Carlos Sebastián; García Negro, María do Carme; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
  • Item type: Item ,
    O Plan Estratéxico de Galicia 2010-2014 horizonte 2020
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Planificación de Fondos
    O Plan Estratéxico de Galicia 2010-2014 Horizonte 2020 (PEG) configúrase como un documento aberto de planificación económica que asume como obxectivos propios os principios orientadores da Estratexia 2020 da Unión Europea. A planificación formulada recolle tres niveis de obxectivos: un obxectivo global (OG), cinco eixes de actuación e dezaseis obxectivos estratéxicos (OE), que establecen e desenvolven un conxunto de máis de cen medidas nas que se integran as actuacións dos programas de gastos da Xunta de Galicia. Así mesmo, móstrase a coherencia entre os obxectivos estratéxicos do PEG 2010-2014 horizonte 2020 e as Directrices Integradas de Europa 2020
  • Item type: Item ,
    Análise de viabilidade de mercados financeiros de acordos de vida e doutros instrumentos vinculados á esperanza de vida: unha referencia ao caso español
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Mendoza Resco, Carmen; Monjas Barroso, Manuel
    Os acordos de vida son un instrumento financeiro mediante o que un tomador de seguros de vida véndelle a súa póliza a un intermediario financeiro a cambio dun único cobramento en efectivo, superior ao que percibiría como valor de rescate. As entidades financeiras poden comprar as pólizas de seguros e adquirir o dereito a cobrar a indemnización na data de falecemento dos asegurados para, desta forma, mellorar a rendibilidade da súa carteira de investimentos. Neste traballo estúdanse as características dese mercado, así como a viabilidade en España destes produtos e doutros activos financeiros vinculados á esperanza de vida
  • Item type: Item ,
    As estruturas offshore como un mecanismo de planificación e deslocalización fiscal nunha economía globalizada
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Costa Nogueira, Emilia Natalia da; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    O principal obxectivo deste traballo é avaliar as diferenzas tributarias a través dunha planificación fiscal internacional sen e coa intervención dun paraíso fiscal/centro financeiro internacional “offshore” (PF/CFIO) e as súas respectivas estruturas de apoio. Avanzadas técnicas de planificación fiscal internacional permitirán utilizar as estruturas “offshore” que mellor se adapten a cada situación concreta. É cuestionable, porén, se este é o mellor medio para alcanzar o desenvolvemento económico, xa que é abondosa a lexislación emanada de organizacións internacionais para contrarrestar e limitar a actividade dos PF/CFIO. Ante a era espacial que se aveciña, mantemos a esperanza de que a utilización das potencialidades existentes e daqueloutras que se creen permitirán superar as asimetrías mundiais entre “países ricos” e “países pobres” nun clima de paz, xa que a guerra se opón á civilización
  • Item type: Item ,
    Xeran as competencias básicas resultados empresariais mellores en pemes rexionais?
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Fernández-Jardón Fernández, Carlos María; Martos, María Susana
    As competencias básicas son características das empresas que lles permiten situarse en mellor posición que os seus competidores. Partindo da teoría de recursos e capacidades é habitual considerar que esas competencias, que se forman a partir de factores internos e externos das empresas, se combinan mediante a estratexia. Este traballo, mediante unha análise de traxectorias, analiza se as competencias básicas xeran mellor desempeño, para o cal partimos de cinco grandes competencias básicas: xestión de recursos humanos e tecnolóxicos, xestión de recursos territoriais, xestión de clientes, xestión de produtos e innovación. Móstrase que só a innovación ten efectos directos sobre os resultados percibidos polos empresarios, mentres que o resto dos recursos considerados presenta efectos indirectos a través da innovación
  • Item type: Item ,
    Prácticas hoteleiras na xestión de crise por catástrofes: o caso de Galicia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Rodríguez-Toubes Muñiz, Diego; Fraiz Brea, José Antonio
    Este estudo avalía as medidas de xestión que os aloxamentos hoteleiros deben poñer en práctica nunha situación de crise orixinada por unha catástrofe, analizando a importancia e o nivel de utilización destas medidas na fase de recuperación. Para isto, realízase unha análise empírica mediante unha enquisa dirixida aos hoteis de Galicia de tres, catro e cinco estrelas. Suxírese que a redución de custos en partidas diferentes á prestación de servizo, a orientación ao mercado e o emprego de instrumentos web son prácticas importantes que cómpre considerar para facerlles fronte aos reveses da crise