Fronte e cocote : revista de la Escuela de Ingeniería Técnica Agrícola de Lugo
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/15408
Fronte e Cocote é, verdadeiramente, unha aititude maia que o tíduo dunha revista.
Cocote é bágoas, asoballamento secular; case, case, un complexo de Edipo.
Fronte, xa se sabe: é o que temos que facer. Moito.
Cocote é a contemplación do que xa nós fixemos por nós. Pouquiña cousa.
Coido que xa iba sindo hora que a xuventude galega que maiormente ligouse á terra
cos seus estudios, tivera us papeliños onde, si non hoxe, poder decir mañán, o que pensan,
si algo pensan: que esté ben ou que esté mal. O dito: fronte e cocote.
Pero tamén ha de ser tribuna pra os que teñen algo que decir a esa xuventude e queiran decilo. Ou poidan. E, pra mín, algún dos xóvenes galegos de hoxe teñen mais de cincoenta anos.
Como pubricación que é dunha Escola téinica, poderá extrañar a moitos o xeito que
lle damos ou pretendemos darlle. Non hay mais que botar unha ollada e sumario pra decatarse
que trátase dunha revista de "humanidades" cun pequeno tanto por cento de texto
concedido a téinica pura; a tixeira.
Pero hoxe ninguén concibe a téinica orfa de esprito, e si algunha vez o amigo lector
atopa nestas páxinas, en cantidade, e friaxe des números e das máquinas, pense que
será o preludio da morte de Frente e Cocete e un síntoma de que unha parcela da nesa
xuventude coxea e vale pra ben pouco.
Craro que tamén pódese morrer por moita vida.
E coa sana intención de que vostedes atopen de prencipio algunha cousa útil no Revista,
e por si teñen algún coñecido a quen lle veña ben, ofrecémoslle o tratamento que
lle dan ós porcos (fora-i-alma) cando enferman de boubín. Con nove paos de sabugo que
teñan un nudo cada un, e un amigo, teñen abondo prá manciñeirada . ...
Con cada pao fanlle nove cruces da testa o rabo e quéimano logo. O tempo, e de
cada vez, dirán:
"Vaite de ahí boubín, boubán, co pao de sabugo che dan. Danche no rabo e danche
na testa, pra que non medres nin crezas, nin fagas cousas que a Dios mal le parezan.
Coa virtude de Deus e do Virxe María, un Padrenoso e un Ave María"
E xa calo, que faléi abondo
(Editorial, Nº 1, Extraordinario, Octubre 71, Año 1)