Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/37864

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 5 of 5
  • Item type: Item ,
    A comunicación en redes sociais da extrema dereita: análise dos contidos de Vox, pseudo-medios e creadores de contido españois no contexto das eleccións xerais do 2023
    (2024-07) Rodríguez Poy, Xoel; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Vázquez Herrero, Jorge
    As redes sociais emerxeron e consolidáronse nas sociedades contemporáneas como un escenario fundamental para a interacción política, converténdose en espazos propicios para a difusión de discursos e axendas ideolóxicas. A transformación que supuxeron afecta tamén á propia democracia, propiciando un espazo onde a participación, o debate e a difusión de contidos ten influencia tanto nos procesos electorais como na saúde mesma do sistema. A extrema dereita é, neste sentido, unha das correntes que mellor soubo capitalizar este novo contexto dixital, expandindo a súa mensaxe a través de tres esferas: a institucional, a pseudo-mediática e a da creación de contidos Para levar a cabo a presente análise, bótase man da triangulación metodolóxica, combinando técnicas de análise cualitativas e cuantitativas. Primeiramente, realízase unha exploración dos contidos publicados por Vox no 2023 e, en segundo lugar, abórdanse as publicacións dos actores das outras esferas no contexto das eleccións do 23-X. Ademais, empréganse ferramentas para examinar a interacción e difusión destes contidos en redes sociais, así como o crecemento das canles en cuestión. Finalmente, complementan os resultados anteriores unha serie de entrevistas que permiten constatar a existencia duns patróns temáticos e unhas estratexias comunicativas concretas Os resultados evidencian unha comunicación cohesionada por parte da extrema dereita española, cun discurso onde destacan as críticas ao goberno ou o cuestionamento do propio sistema electoral. Aprécianse, neste sentido, elementos que coinciden entre os diferentes actores a nivel de ideoloxía, de actividade en liña, de tratamento e estilo ou de discurso, pero tamén outras características que os diferencian e que permiten falar, precisamente, da coexistencia das tres esferas sinaladas. A través destas mensaxes, en definitiva, a extrema dereita busca polarizar o debate público e erosionar a confianza nas institucións democráticas e nos propios medios de comunicación.
  • Item type: Item ,
    MELONI, un Marqués en La Gomera: elaboración dun podcast xornalístico-narrativo - A historia de Franco Meloni en La Gomera
    (2023-07) Diéguez Couñago, Aldara; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Sanluis López, Marcos
    Este traballo sintetiza os esforzos realizados na ideación, creación e edición dun podcast sobre a vida de Franco Meloni, pai da actual presidenta italiana, Giorgia Meloni, durante a súa estancia en La Gomera, a segunda illa máis pequena de Canarias, onde pasou un periodo incerto -case 10 anos-dende mediados dos anos 80 ata 1994. Para a realización deste podcast, houbo crearse un plan de rodaxe en La Gomera, a onde me despracei para realizar entrevistas, captar ambientes sonoros e coñecer información tanto contextual como de carácter narrativo. Posteriormente, houben realizar unha selección dos cortes que empregaría de cada entrevistado, así como un guión aproximado, un guión definitivo e posteriormente, a edición do podcast, engadindo voz, música e efectos, obtidos tanto de bibliotecas sonoras, como de gravacións in situ, como de composicións propias. O resultado son 9 capítulos que poñen en situación, contextualizan a figura de Franco e a vida en La Gomera, explican a personalidade do suxeito, as empresas que creou na illa e a súa relación coa veciñanza, así como as peculiaridades que o protagonista, que acabou detido por narcotráfico, deixou entrever durante a súa estancia en La Gomera.
  • Item type: Item ,
    O "novo" Novo Cinema Galego a través da crítica cinematográfica (2019-2021)
    (2022-07) Eiras Rubín, Celia; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Pérez Pereiro, Marta; Barreiro González, María Soliña
    Ao longo da última década, agromou en Galicia unha nova forma de facer cine. Cineastas e filmes orbitaron arredor da etiqueta ‘Novo Cinema Galego’ coa intención común de expresar a identidade territorial galega mediante a experimentación das formas, afastándose dos modelos industriais. Paralelamente, profesionais da crítica cinematográfica e do xornalismo dedicáronse a cubrir a actualidade do movemento desde medios dixitais e impresos, algunhas e algúns empregando a súa actividade coma ferramenta conscientemente reivindicativa da corrente. Este traballo analiza desde a perspectiva do framing os enfoques ideolóxicos e temáticos operados nos textos xornalísticos publicados en nove medios galegos e estatais, con motivo dos filmes, estreados entre 2019 e 2021, asociados ao Novo Cinema Galego: O que arde (Óliver Laxe, 2019), Longa noite (Eloy Enciso, 2019), Arima (Jaione Camborda, 2019), Lúa vermella (Lois Patiño, 2020) e Nación (Margarita Ledo, 2020). O obxectivo da investigación é identificar as dinámicas xeradas entre medios e cineastas e entender o rol que tivo a crítica no desenvolvemento do Novo Cinema Galego nunha etapa marcada polo seu achegamento aos modelos industriais e mais ao público xeral
  • Item type: Item ,
    Análise discursiva da loita pola hexemonía a través dos espazos de comunicación de masas: o caso de Íñigo Errejón na precampaña e a campaña das eleccións á Asemblea de Madrid do 4 de maio de 2021
    (2021-07) Calviño Tato, Pablo; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Pérez Pereiro, Marta; López López, Paulo Carlos
    A Escola de Essex inaugurou un novo paradigma para comprender o fenómeno do discurso. Seguindo os traballos de Laclau e Mouffe, esta investigación emprega os fundamentos onto-epistemolóxicos da súa proposta para analizar a articulación discursiva mobilizada por Íñigo Errejón na precampaña e na campaña das eleccións á Asemblea de Madrid do 4 de maio de 2021. Seguindo un método que combina a Discourse Theory co frame analysis, identificamos os marcos de diagnóstico, de prognóstico e de motivación, así como as funcións internas que ocorren ao interior do articulado discursivo e concluímos que Íñigo Errejón mobiliza unha estratexia discursiva populista, na que enfatiza a construción dunha lóxica equivalencial entre as demandas insatisfeitas das maiorías sociais madrileñas, dividindo o campo político en dous polos antagónicos: un polo popular e un polo oligárquico. Deste xeito, “un pobo de madrileños e madrileñas”, representado lexitimamente por Más Madrid, é chamado a mobilizarse electoralmente para poñer fin ao historial de agravios que, como comunidade de pasado sufrinte e glorioso, padeceu por parte do seu antagonista, “os privilexiados”. Identificamos tamén un intento de subordinar o protagonismo disruptivo da ultradereita á fronteira pobo-privilexiados trazada dende a Dimensión Gañadora plebea
  • Item type: Item ,
    IA e innovación en las televisiones públicas europeas: aplicación, estrategias, previsión y retos de futuro
    (2020-07) Fieiras Ceide, César; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Campos Freire, Francisco; Toural Bran, Carlos; Túñez López, Miguel
    Este proyecto analiza las estrategias de inteligencia artificial y de innovación de 16 radiotelevisiones públicas europeas, con un enfoque particular en las aplicaciones actuales, las previsiones futuras y los desafíos esperados, así como en el papel de los recomendadores de contenido y de las experiencias de co-creación. La investigación se basa en 21 entrevistas en profundidad semiestructuradas a una muestra de conveniencia formada por responsables de innovación y estrategia de televisiones públicas de Alemania (ARD y ZDF) Austria (ORF), Bélgica (VRT y RTBF), Dinamarca (DR), España (RTVE), Finlandia (YLE), Francia (France TV), Gran Bretaña (BBC), Holanda (NPO), Irlanda (RTÉ), Italia (Rai), Portugal (RTP), Suecia (SVT), Suiza (RTS) y de la European Broadcasting Union (EBU). Los resultados reflejan que la IA es una tecnología que cotiza al alza y que ya tiene presencia en heterogéneas aplicaciones en las corporaciones, a pesar de que estas se encuentren en una primera fase exploratoria y de implementación. La innovación, por su parte, vertebra las opciones de supervivencia de los medios de servicio público y se postula como principal alternativa para reducir la distancia competitiva con las operadoras privadas. Mientras tanto, los sistemas de recomendación se prevén fundamentales para la construcción de la nueva relación con la audiencia, en la que será crucial una conversación bidireccional en la que se escuchen las sugestiones de los usuarios. No se identifica una definición común con respecto a lo que significa la co-creación para los PSM. Las corporaciones se aproximan en el concepto, pero no todas concuerdan en lo que representa y en las formas de llevarla a cabo