Máster en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/27366
Browse
Recent Submissions
Now showing 1 - 2 of 2
Item type: Item , O patrimonio local como centro dunha proposta educativa para o ensino e a aprendizaxe das Ciencias Sociais(2021) Betanzos-Morán, Uxía; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Lopez Facal, RamonAs escolas atópanse totalmente desconectadas da entorna que as rodea, situación que conduce a que o alumnado descoñeza os aspectos históricos, sociais, naturais e culturais máis característicos da súa localidade. Co fin de reconducir esta situación, emerxen diferentes correntes dentro da Didáctica das Ciencias Sociais centradas en basear o ensino e a aprendizaxe na contorna na cal se encadra o centro escolar. Con este mesmo cometido e tomando como base os enfoques da Educación Patrimonial e da Aprendizaxe Baseada no Lugar, abórdase este traballo de investigación e innovación didáctica. Para isto, séguese unha metodoloxía mixta que combina a realización de cuestionarios coa implementación dunha actuación didáctica nunha aula de 5º e 6º de Educación Primaria. Os resultados deste traballo mostran de xeito evidente que grazas a experiencias didácticas centradas no estudo do patrimonio local, o alumnado adquire coñecementos máis significativos. Do mesmo xeito, é capaz de desenvolver actitudes de coidado e valoración do seu patrimonio ao sentirse emocionalmente conectado a esteItem type: Item , Relación entre habilidades motrices básicas locomotrices e variables antropométricas: un estudo realizado con alumnado de 1º-3º de educación primaria(2021) Mohedano-Vázquez, Nair; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación; Abelairas Gómez, CristianObxectivo: Analizar a relación entre o desenvolvemento das Habilidades Motrices Básicas (HMB) locomotrices e as variables antropométricas de alumnado de 1º a 3º de Educación Primaria. Metodoloxía: Participaron no estudo 79 nenos e nenas. Para avaliar as HMB combináronse varias baterías (TGMD-2, TGMD-3, Victorian FMS Assessment e Get Skilled Get Active). Clasificouse aos e ás participantes en tres grupos: normopeso, sobrepeso e obesidade en función do seu índice de masa corporal (IMC) de acordo coas indicacións da Organización Mundial da Saúde. Resultados: Atopáronse diferenzas significativas entre os cursos de 1º e 3º nas habilidades de trepar, salto vertical e cambio de dirección. Non se atoparon correlacións lineais entre as variables antropométricas e o desenvolvemento das HMB, tampouco entre os tres grupos. Conclusións: No presente estudo non se atopou relación entre o desenvolvemento das HMB e as variables antropométricas rexistradas