EC/011-Vol.11, Núm. 2 (2002)

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18912

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 20 of 26
  • Item type: Item ,
    Presentación
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2002) Álamo Jiménez, Carlos del
  • Item type: Item ,
    O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2002) Rodríguez González, Enrique
  • Item type: Item ,
    Certificación ISO 14000 ¿Por que?
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2002) Rodríguez Coello, José Enrique
  • Item type: Item ,
    A empresa, o medio ambiente e a responsabilidade social
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2002) López de Medina, Luis
  • Item type: Item ,
    A xestión ambiental en Unión Fenosa
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2002) Lagares Díaz, Ángel
  • Item type: Item ,
    Medio ambiente
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2002) González Álvarez, Severino
  • Item type: Item ,
    O coidado do medio ambiente no porto de Vigo. Tratamento específico de refugallos
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2002) Castro García, Manuel de
  • Item type: Item ,
    Estimación económica dos beneficios para a saúde do control da contaminación do ar. O caso de Vigo
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2002) Vázquez Rodríguez, María Xosé
    A estimación económica dos beneficios para a saúde das políticas de control de contaminación requiren a aplicación de métodos directos como a valoración continxente, pois esta é a única metodoloxía que permite realizar esta estimación antes de que a política sexa aplicada, e ademais proporciona unha valoración máis completa cós métodos baseados no mercado, pois permite incluír aqueles custos intanxibles da enfermidade, como as molestias e o malestar. Para proba-la potencialidade da valoración continxente no contexto da contaminación e a saúde realizouse unha aplicación ós efectos do control da contaminación do aire asociada ó tráfico no centro urbano de Vigo. Os resultados demostran a validez teórica e a potencialidade do método e, ademais, proporcionan unha estimación da magnitude dos beneficios sociais que se derivarí-an da diminución dos niveis de contaminación nesta cidade
  • Item type: Item ,
    Economía, gandería e medio ambiente
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2002) Sánchez García, Luciano; Monserrat Bermejo, Lorenzo; Moreno López, Teresa; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Anatomía e Produción Animal
    Formúlase a posibilidade de crear unha organización que asocie a función económica do aparato de producción do sector agrario e as múltiples funcións dun territorio considerado á vez patrimonio vivo, recurso, marco vital e regulador sociolóxico. A producción de carne de vacún con razas rústicas locais presenta unha boa oportunidade en sistemas extensivos, baseados no aproveitamento económico da vexetación arbustiva e herbácea a través do manexo do gando en ecosistemas pastorais. Os mellores resultados obtéñense con partos de outono e inverno, alimentación invernal con ensilado de herba «ad libitum» e feo, pastoreo rotatorio en avance dos xatos con entrada na parcela cando a altura da herba é cando menos de 15 cm e saída cando alcance os 6 cm, suplementación dos xatos en pastoreo ata dous meses antes do seu sacrificio e acabado de dous meses en cebadeiro con feo e concentrado «ad libitum», máis o leite da nai. A integración do bosque en sistemas de pastoreo podería ser posible e beneficioso para o benestar animal e a reducción drástica do combustible vexetal do sotobosque, sempre que o tempo de permanencia e a densidade de gando sexa a adecuada para evitárlle-lo dano ás arbores. Os estudios económicos realizados en Galicia con explotacións familiares dedicadas á producción de carne de vacún en extensivo mostran unha marxe neta media por vaca de cría de 439,08 euros
  • Item type: Item ,
    Implicacións financeiras da xestión do medio natural para as empresas e para os mercados de capitais
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2002) Romero Castro, Noelia María; Piñeiro Chousa, Juan Ramón; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
    As empresas, como principais responsables dos problemas ambientais e como axentes máis poderosos para lidera-lo cambio cara a un modelo de crecemento económico sostible, están chamadas a incorporar na súa xestión a variable ambiental. Non son poucos os receos e as reticencias ante tales esixencias da sociedade, principalmente derivados da aparente incompatibilidade entre o obxectivo de creación de valor para o accionista e a consecución de bos resultados ambientais. O coñecemento e as ferramentas da Economía Financeira revélanse como a clave para impulsa-la integración da xestión ambiental nos sistemas de xestión das empresas, ó que poden contribuír tamén os mercados financeiros mediante o establecemento das condicións óptimas para que as empresas superen os atrancos que lles impiden adherirse a un compromiso máis profundo co medio natural
  • Item type: Item ,
    A xestión de refugallos en Izar Estaleiro Fene: aspectos que cómpre considerar para a mellora continua
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2002) Real Gamundi, Francisco Javier del; Carro Mahía, María Ángeles
    A adecuada xestión de refugallos xerados na construcción naval é, sen dúbida, unha das maiores preocupacións ambientais existentes. A política ambiental de Izar Estaleiro Fene así o explicita a fin de incidir nunha correcta segregación, cumpri-los requisitos legais aplicables e establecer ferramentas adecuadas para o seu control e valoración deste mandato. O presente traballo reflicte o conxunto de ferramentas e de accións que se levan a cabo para facer efectiva a filosofía establecida na política ambiental. De forma breve afrontarémo-la organización da empresa, facendo fincapé na importancia da implicación da dirección, así como no establecemento dos obxectivos ambientais. Outro dos piares do noso sistema constitúeno as auditorías de segregación de refugallos, que serven de base para establece-los ditos obxectivos. Así mesmo, a formación –tanto interna como a referi-da á industria complementaria– é de vital importancia na consecución da mellora ambiental
  • Item type: Item ,
    Xestión ambiental en Jealsa-Rianxeira, S.A.
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2002) Piñeiro Riveiro, Montserrat
    No coidado do medio natural, a empresa desenvolve un sistema de xestión ambiental que posteriormente certifica e formaliza segundo os criterios da norma ambiental UNE EN ISO 14001:1996, neste caso. Este SXA é a ferramenta mediante a que a empresa planifica, realiza, controla e mellora a súa xestión ambiental
  • Item type: Item ,
    Recentes desenvolvementos no campo da información e a contabilidade ambiental
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2002) Maside Sanfiz, José Manuel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
    Neste traballo recollemos, nunha primeira parte, diferentes iniciativas relacionadas coa obriga crecente á que se ven sometidas as empresas de incorporar información ambiental nos seus informes financeiros. Así mesmo, dado que as necesidades informativas dos diferentes usuarios só son cubertas parcialmente pola información ambiental recollida nos informes ambientais, analizámo-la evolución e a situación actual destes como aquelas ferramentas máis utilizadas polas empresas para revela-la súa información ambiental de maneira voluntaria. Por outra parte, como consecuencia da necesidade que algunhas empresas empezan a percibir de aceptar unha maior responsabilidade social e de asumi-los desafíos do desenvolvemento sosti-ble xurdiron algunhas propostas que, ademais dos aspectos ambientais, achegan información sobre o rendemento social e económico da empresa
  • Item type: Item ,
    Márketing ecolóxico e sistemas de xestión ambiental: conceptos e estratexias empresariais
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2002) Lorenzo Díaz, María Montserrat
    Nos últimos anos, as empresas móvense nun novo escenario de competitividade onde non só se enfrontan a unha dimensión económica e social, senón tamén a unha esixencia ecolóxica. Conscientes da modificación que está a se producir na contorna da empresa, neste artigo analizamos cómo a empresa debe orienta-la súa xestión cara á nova relación de intercambio empresa-contorna natural-”stakeholders” e as estratexias que deben adoptar no ámbito do márketing ecolóxico (producto, prezo, comunicación e distribución). Paralelamente, presentámo-los mecanismos propostos por organismos internacionais –que lles facilitan ás empresas implementar un Sistema de Xestión Ambiental de forma voluntaria (EMAS-1993, EMAS-2001 e ISO 14001)–, reflexionando sobre as súas semellanzas e diferencias. Así mesmo, efectuamos unha análise do grao de implementación do sistema europeo EMAS e da norma internacional ISO 14001 nas empresas que desempeñan a súa actividade económica en Galicia
  • Item type: Item ,
    A ‘avaliación’ e os instrumentos económicos en materia de políticas públicas de medio ambiente. Referencia ó Protocolo de Kioto
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2002) García Añón, María; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Ciencia Política e da Administración
    En decembro de 1997 chegouse a un acordo sobre o Protocolo de Kioto que poñía as bases dos mecanismos que se van empregar polos países industrializados de cara a reducir emisións contaminantes dos gases de efecto invernadoiro (GEI) procedentes da actividade humana, que provocan o quentamento atmosférico e repercuten no clima do planeta e que, igualmente, se formulou na Reunión da Unión Europea en Bonn e na Conferencia das Partes do Convenio sobre o Cambio do Clima (COP7) de Marrakech, en setembro e e en outubro de 2001, respectivamente. Tras numerosas e difíciles discusións, o 4 de marzo de 2002, os países da Unión Europea alcanzaron un acordo que permite a ratificación do Protocolo de Kioto. Así mesmo, esta materia foi un dos principais problemas abordados no Cumio das Nacións Unidas, que tivo lugar en Xohanesburgo entre os meses de agosto e setembro de 2002. A dita reducción supón o compromiso dos países industrializados de baixa-las súas emisións de GEI para diminuí-la media mundial, e os mecanismos que cómpre aplicar para conseguir este obxectivo foron: a aplicación conxunta, que prevé investimentos en proxectos no estranxeiro capaces de xerar créditos de emisións; o mecanismo para un desenvolvemento non contaminante, utilizando tecnoloxías máis limpas; o fondo de conformidade, de acordo co cal aqueles países que superen os niveis máximos permitidos de emisión dos gases mencionados serán penalizados co pagamento dunha cantidade por tonelada de GEI e castigados coa reducción de actividade no seguinte período; e o intercambio de emisións. Este traballo fíxase neste último, a modo de exemplo dos instrumentos económicos en materia de política de medio ambiente
  • Item type: Item ,
    A imposición ambiental galega
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2002) Gago Rodríguez, Alberto; Labandeira Villot, Xavier; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    Este traballo comeza fundamentando teóricamente a imposición ambiental, cun resumo das principais razóns económicas para a aplicación destes instrumentos e a análise da súa asignación xurisdiccional. A continuación situamos os tributos próprios ambientais da comunidade galega (canon de saneamento e imposto sobre a contaminación atmosférica) tanto no contexto español como internacional. Neste senso, o relato pormenorizado e valorativo do deseño regulatório escollido nos tributos ambientais galegos e dos seus efeitos económicos e ambientais constitúe o núcleo do traballo. Finalmente a aportación conclúe cunha reflexión global sobre o presente da imposición ambiental galega e de cómo, ao noso entender, deberian discorrer os seus desenvolvementos futuros
  • Item type: Item ,
    Análise da integración das contas económicas e meioambientais do monte
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2002) Doldán García, Xoán Ramón; Chas Amil, María Luisa; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Cuantitativa
    Moitos economistas cren que os bosques non teñen recibido unha correcta valoración en termos económicos. Os problemas de valoración existen porque o monte proporciona unha grande cantidade de bens e servizos que, moitas veces, pasan polo mercado tradicional pero tamén se comercializan en mercados informais producindose infravaloracións. Outro grupo de outputs procedentes dos montes non son comercializados polo que o seu valor é totalmente ignorado. Parece claro que, ainda recoñecendose o valor meioambiental dos montes, este non é medido correctamente. Por outra parte, esta situación vese agravada polo facto de que, apesar de ser un recurso biolóxico renovábel, non se ten en conta a depreciación causada por unha explotación excesiva. O obxectivo deste traballo é analisar os problemas que atopamos no tratamento do monte no sistema de contabilidade tradicional, e estudar cómo se recollerian os activos forestais de non mercado no Sistema Integrado de Contas Económicas e Meioambientais proposto polas Nacións Unidas. Ademais, descreben-se brevemente os recentes avances no intento de integración da contabilización económica e meioambiental do monte (IEEAF)
  • Item type: Item ,
    Xestión estratéxica da sostibilidade no ámbito local: a Axencia 21 local
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2002) Casares Long, Juan José; Arca Ruibal, Julio César; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría Química; Área de Enxeñaría e Arquitectura
    “Pensar e actuar local e globalmente” é unha frase que resume os distintos ámbitos que inflúen na sostibilidade. O presente artigo realiza unha aproximación ós aspectos filosóficos, políticos e institucionais da sostibilidade e de cómo esta se instrumenta estratexicamente no ámbito local dando lugar a unha iniciativa de Axenda 21 Local
  • Item type: Item ,
    Economía ambiental: perspectiva institucional
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2002) Caballero Míguez, Gonzalo
    Neste artigo realízase unha primeira aproximación teórica de corte institucional ó estudio das interrelacións entre economía e medio natural. En concreto, maniféstase a insuficiencia dunha Economía do Medio Natural edificada sobre a economía neoclásica ortodoxa. A partir do teorema de Coase, tantas veces mal interpretado na economía ambiental, e do corpo teórico da nova economía institucional, formúlase unha “revisión débil” que destaca o peso das institucións sobre a cuestión ambiental. Pero ademais, formúlanse unha serie de argumentos afastados do reduccionismo económico que constitúen un intento de “revisión forte” ó defende-la insuficiencia dunha economía ambiental neoclásica ortodoxa centrada no obxectivo da eficiencia económica. A través de ámbalas dúas vías conclúese a relevancia de cuestións como as institucións, a ética e o dereito na análise económica ambiental, polo que se finaliza presentando unhas consideracións xurídicas xerais sobre o medio natural