GIVIUS
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/34348
O Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC ten a súa orixe no Proxecto de Investigación "La obra literaria de Valle-Inclán: estudios y ediciones", subvencionado en 1988 pola Dirección Xeral de Ensino Universitario e Política Científica da Xunta de Galicia, cando era o seu I.P. o Dr. Luis Iglesias Feijoo, Catedrático de Literatura Española da USC.
Este foi o punto de partida dun sostido traballo en torno á figura e obra de Valle-Inclán, que iría consolidándose, por unha parte, a medida que o núcleo inicial, integrado exclusivamente por profesores do actual Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, foi incorporando investigadores mozos, capaces de ampliar o seu horizonte de traballo e impulsar novas actividades, que desde 1994 dirixe Margarita Santos Zas; por outra, a progresiva ampliación da súa tarefa investigadora prodúcese grazas ás sucesivas subvencións que ata a actualidade recibiu o mencionado Proxecto de Investigación, ben da Xunta de Galicia ben do Ministerio de Educación e Ciencia.