Nº 11.- Decembro 2015
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/16280
Browse
Recent Submissions
Now showing 1 - 5 of 5
Item type: Item , Application of Mexican Management Method for Unevenaged Forests (MMOBI) to natural mixed stands in Asturias (northern Spain)(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2015) Gorgoso Varela, José Javier; López Fernández, Celia; Rojo Alboreca, Alberto; Cruz Cobos, Francisco; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría Agroforestal; Área de Enxeñaría e ArquitecturaThe Mexican Management Method for Unevenaged Forests or MMOBI (from the Spanish Método Mexicano de Ordenación de Bosques Irregulares) is the continuous cover forestry management system usually used in the state of Durango (Mexico). The silviculture system applied in the MMOBI is based on selective logging aimed at yielding a reverse “J-shaped” distribution. The objective of the present study was to analyze the application of the MMOBI to natural mixed stands in Asturias (northern Spain). These stands are represented in strata numbers 4 and 9, defined in the third Spanish National Forest Survey, composed mainly of deciduous hardwoods. The observed diameter distributions and the ideal diameter distributions obtained by the MMOBI for each genus were estimated. The percentage of felling intensity (IC%) was generally low in stratum 4, and was less than 20% for most genera except Fraxinus and Acer, for which IC > 50%. In stratum 9, IC% was generally higher than in stratum 4, although also low to intermediate, except for the genus Tilia (IC > 50%), whose trees are part of what commonly called Green Tree Retention. The MMOBI is presented as an alternative forest management method in protective stands in this regionItem type: Item , Análise da perda de terreos agrícolas na periferia de Lugo mediante regresións loxísticas e modelos de autómatas celulares(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2015) García Lamparte, Andrés Manuel; Caamaño Gómez, Cristina; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría Agroforestal; Área de Enxeñaría e ArquitecturaAs melloras tecnolóxicas da revolución industrial, xeraron un proceso de concentración da poboación nas cidades e de perda dos vínculos coas zonas rurais que as rodean. Estas dinámicas orixinaron un decaemento da agricultura local e unha perda de terreos agrícolas en favor de usos urbanos. Tendo en conta os retos que presentan o cambio climático, a escaseza de combustibles e o aumento da poboación urbana, xéranse unha serie de incertezas sobre soberanía e seguridade alimentarias ás que cómpre dar resposta mediante o fomento da agricultura periurbana. No presente traballo estudarase a evolución dos usos agrícolas da cidade de Lugo. Para iso analizáronse os cambios dos usos do solo cruzando mapas de usos de varios anos e utilizando regresións loxísticas. Finalmente xerouse un mapa de probabilidade de urbanización para o ano 2021 mediante un modelo de autómata celular que se cruzou cun mapa de aptitude agrícola para coñecer as zonas de alta aptitude agrícola con risco de seren urbanizadas. A metodoloxía empregada permitiu identificar factores condicionantes da perda de usos agrícolas e as zonas onde desenvolver políticas de planeamento que permitan preservar os mellores terreos agrícolas da periferia de LugoItem type: Item , A Fraga de Santo Estevo do Ermo (Barreiros, Lugo): un lugar clave para a conservación de pteridófitas no Norte de Galicia (NW España)(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2015) López Castro, Hugo; Rodríguez Guitián, Manuel Antonio; Ramil Rego, Pablo; Real Rodríguez, Carlos; Ferreiro da Costa, Javier; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Bioloxía Funcional; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Botánica; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría; Área de Enxeñaría e ArquitecturaNeste traballo avalíase a importancia botánica para a conservación da contorna da Fraga de Sto. Estevo do Ermo, situada no concello de Barreiros (Lugo, NW España). Dentro das 331 ha que comprende este espazo, identificáronse un total de total de 219 taxons de plantas vasculares, das que 19 (8,6% do total) son Pteridófitas. Seis taxóns, entre eles os fentos Dryopteris aemula, Vandenboschia speciosa e Woodwardia radicans, son especies protexidas cuxas poboacións locais están asociadas ás 15,2 ha que ocupan os 6 tipos de hábitat do Anexo I da DC 92/43/CEE (dous deles de carácter prioritario) recoñecidos na área de estudo. A pesar da reducida superficie que ocupan estes ambientes ecolóxicos, este enclave pode cualificarse como un lugar de gran relevancia para a conservación das pteridófitas a nivel rexionalItem type: Item , Implicacións da propiedade da terra na planificación e xestión dos espazos protexidos en Galicia(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2015) Ferreiro da Costa, Javier; Ramil Rego, Pablo; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de BotánicaA titularidade dos terreos incluídos nos espazos naturais galegos foi mudando co paso do tempo. Nas primeiras etapas, os espazos protexidos abranguían áreas de escasa superficie de titularidade ou tutela públicas. A partires da promulgación da política autonómica, o conxunto de espazos naturais protexidos galegos aumentará a súa superficie de xeito espectacular, sobre todo coa posta en marcha da Rede Natura 2000, realizándose este incremento fundamentalmente sobre territorios de titularidade privada. A planificación destes espazos soamente será desenvolvida de xeito heteroxéneo, acumulando prolongados retrasos e conflitos na conservación e xestión dos compoñentes naturais. Dende o ano 2007 ata a actualidade, as declaracións de espazos de iniciativa municipal e privada son as predominantes, executando os correspondentes instrumentos de planificación os propios promotores dos devanditos espazos, amosando unha maior axilidade e eficacia no cumprimento dos prazos que os espazos de tutela autonómica. Neste sentido, na actualidade estanse a configurar novas ferramentas para a xestión e conservación das áreas privadas, como a custodia do territorio, así como se consolidan iniciativas para a declaración de espazos que contribúan á conservación da biodiversidade e a promoción do desenvolvemento sostible, como é o caso das Reservas de BiosferaItem type: Item , Estudio de la germinación de las semillas de dos especies amenazadas de Galicia: Armeria merinoi (Bernis) Nieto Fel. & Silva Pando y Santolina melidensis (Rodr. Oubiña & S. Ortíz) Rodr. Oubiña & S. Ortiz. Efecto de la luz y el fuego (calor y cenizas)(Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2015) Díaz Vizcaíno, Elvira; Val Mouriño, Diego; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de BotánicaSe ha estudiado la producción y la germinación de semillas de dos especies endémicas y amenazadas de Galicia, analizando el efecto de la luz y del fuego (calor y suelo quemado, cenizas), para tratar de averiguar si afectan a su rareza. Armeria merinoi y Santolina melidensis presentan una elevada producción de semillas sanas y una germinación elevada y rápida, tanto en fotoperiodo como en oscuridad, por lo que el mantenimiento de un banco de semillas en el suelo, que contribuya al mantenimiento de las poblaciones, parece poco probable. Las dos especies difieren en su vulnerabilidad ante el calor de un incendio forestal, comparable a la de otras especies estudiadas en Galicia en Armeria merinoi, mayor en Santolina melidensis. El efecto de las cenizas del suelo quemado sobre la germinación de las semillas resulta también diferente en ambas especies, puesto que en Armeria merinoi no afecta ni al nivel ni al ritmo de germinación, mientras que en Santolina melidensis sí, incrementándolos, lo que indica un efecto fisiológico de las sustancias que puedan contener. El fuego (temperatura) reduce la germinación de las semillas de las dos especies, afectando a su viabilidad, favoreciendo con posterioridad (suelo quemado) la rápida germinación de las semillas viables restantes de Santolina melidensis.