EC/020-Vol.20, Núm. Extraordinario (2011)
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18932
Browse
Recent Submissions
Now showing 1 - 13 of 13
Item type: Item , Presentación(Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Freire Esparís, María del Pilar; Rodríguez Galdo, María Xosé; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaItem type: Item , Estudo da incidencia dos incendios en Galicia: unha perspectiva socioeconómica(Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Barreal, Jesús; Loureiro García, María Luz; Picos Martín, Juan; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Fundamentos da Análise EconómicaMoitos traballos relacionan a acción do lume coas aptitudes físicas ou meteorolóxicas da zona, pero non inciden naqueles condicionantes de tipo socioeconómico que afectan á ocorrencia de incendios. A raíz deste oco na literatura, este traballo analiza o impacto de variables socioeconómicas que afectan á propagación dos incendios como son, por exemplo, a estrutura poboacional ou os usos agrícolas e gandeiros. Para isto, emprégase unha regresión lineal a partir de datos municipais, corrixindo os erros estándar dos coeficientes pola heteroxeneidade de cada municipio en Galicia, xunto cunha regresión Poisson. Entre os resultados obtidos máis relevantes destaca a importancia do papel da densidade poboacional, xunto cos diferentes usos agrarios e gandeiros da terra, así como a importancia da efectividade da organización xeográfica das medidas contra os lumes forestais, así como as dotacións económicas destinadas aos servizos preventivosItem type: Item , Xénero e mercado de traballo en Galicia: análise de equidade mediante indicadores sintéticos(Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Riobóo Lestón, Irene; Martín López, CarolinaO estudo das desigualdades de xénero constituíu un área de grande interese na análise económica nos últimos anos, polo que resultou necesario dispoñer de medidas que permitiran a súa cuantificación. De entre as múltiples posibilidades que existen, cómpre destacar a utilización de indicadores sintéticos, xa que permiten considerar as diversas dimensións que subxacen tras o complexo concepto de equidade de xénero. Neste traballo centrámonos na medición do nivel de igualdade ou de desigualdade existente no mercado laboral en Galicia e en España mediante a obtención dun índice sintético –Gender Inequality in Labour Market (GILM)– que permite cuantificar as brechas entre xéneros, posibilitando unha comparativa temporal en ambas as dúas áreas xeográficas. Este indicador foi obtido para o período 2001-2010 seguindo as directrices metodolóxicas proporcionadas pola OCDE e polo JRC para a obtención de indicadores compostos, e a partir dos datos procedentes das principais fontes de información laboral existentes en Galicia e en EspañaItem type: Item , A contribución das enerxías renovables ao benestar. Unha lección aínda non aprendida(Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Regueiro Ferreira, Rosa MaríaNos últimos vinte anos as enerxías renovables acadaron un maior protagonismo dentro do panorama enerxético mundial debido á crecente demanda de enerxía dispoñible –en particular eléctrica–, á procura dunha maior diversificación enerxética, á asunción de políticas para reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro e a que a súa utilización permite conxugar estes obxectivos coa obtención de altos rendementos produtivos. Dentro do conxunto das enerxías renovables destacou o papel da enerxía eólica como fonte de subministración de electricidade. Malia a defensa dos beneficios das enerxías renovables, proveniente de distintos ámbitos, para garantir o benestar da cidadanía en momentos de profundos cambios económicos e de inestabilidade enerxética como o actual, a súa aceptación global semella demasiado lenta. Neste artigo preséntase unha discusión teórica desde os enfoques da economía institucionalista, da bioeconomía e da economía da enerxía sobre os elementos clave da fortaleza das enerxías renovables para a consecución do benestar, mostrando algunhas das principais barreiras para a súa aceptación definitivaItem type: Item , Benestar e felicidade: relación coa renda e co capital social en países europeos(Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Díaz Vázquez, María del Rosario; Portela Maseda, Marta; Neira Gómez, Isabel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Cuantitativa; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeO estudo da felicidade suscitou a necesidade de considerar, ademais da renda, outros factores explicativos da satisfacción dos individuos que deberían ser tidos en conta se os obxectivos son a maximización do benestar social e a mellora da calidade de vida. O obxecto do noso traballo é dobre. En primeiro lugar, estudamos a relación entre a felicidade e outros conceptos vinculados, como a utilidade e a calidade de vida. Isto permítenos comparar tres criterios que foron propostos como guía para as actuacións públicas –maximizar a utilidade, maximizar a felicidade e mellorar a calidade de vida– e determinar o papel da renda e doutros factores en cada un deles. En segundo lugar, levamos a cabo un estudo empírico da relación do benestar subxectivo coa renda per capita e co capital social. Para isto, realízase unha análise descritiva dos datos e estímase un modelo econométrico con datos agregados dun conxunto de países europeosItem type: Item , Factores determinantes en modelos econométricos rexionais de migración interna(Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Aguayo Lorenzo, Eva; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía CuantitativaDesde finais dos anos oitenta, o patrón tradicional de movementos migratorios interrexionais en España, das rexións máis pobres e con maiores taxas de paro cara ás máis ricas, convive cun fluxo en sentido oposto denominado “migración inversa”. Esta característica –común nos países máis desenvolvidos da OCDE– deu lugar a unha certa invalidación dos tradicionais modelos migratorios de desequilibrio dos anos sesenta. Na nosa revisión da literatura empírica sinalamos os diferentes determinantes da migración nos modelos econométricos rexionais de migración internaItem type: Item , Emprego, poboación, industria e desenvolvemento económico en Europa: análise comparativa de España, Alemaña, Francia, Italia e Gran Bretaña en 1960-2010 e perspectivas 2011-2020(Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Guisán Seijas, María del Carmen; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía CuantitativaEsta análise comparativa do emprego e do desenvolvemento económico de España con Alemaña, Francia, Italia e Gran Bretaña ten por obxecto analizar as causas que explican os menores niveis de renda real, salarios e taxas de emprego en España en comparación cos ditos países, e recomendar as políticas económicas que poden ter un impacto máis favorable para diminuír a elevada taxa de paro de España e avanzar no proceso de converxencia real cara aos niveis de desenvolvemento económico e social deses países. Desde a nosa perspectiva, o intento experimentado en España no período 2000-2007 de impulsar o desenvolvemento da construción e dos servizos sen un suficiente desenvolvemento da base industrial ocasionou, entre outros desequilibrios, un incremento importante do déficit da balanza comercial co exterior e un grao de endebedamento exterior dificilmente sostible. Analizamos as perspectivas de desenvolvemento económico e emprego de España no período 2011-2020 defendendo un enfoque de desenvolvemento activo fronte ás políticas pasivas de axuste. Un certo grao de axuste é necesario, pero será insuficiente se non vai acompañado de políticas de desenvolvemento que teñan en conta o impacto positivo da industria sobre o crecemento e o emprego nos sectores da construción e dos servizos. Tamén analizamos a evolución do emprego e do desenvolvemento económico de España e das principais economías europeas en comparación con Estados UnidosItem type: Item , Despoboamento e avellentamento: Galicia cara ao ano 2020(Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Hernández Borge, Julio; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de XeografíaO avellentamento demográfico é un dos principais retos ao que teñen que facerlle fronte os gobernos dos países desenvolvidos polas súas numerosas implicacións económicas e sociais. Galicia, como España e Europa, presenta nos nosos días un réxime demográfico evolucionado que trouxo consigo un avellentamento da estrutura por idades da súa poboación, á vez que contribuíu ao despoboamento da meirande parte do seu territorio ao estar ligado a un forte éxodo rural. É esta unha situación que continuará agravándose nos vindeiros anos, de xeito que as proxeccións demográficas para o ano 2020 anuncian unha diminución do número de habitantes desta Comunidade e un freo no crecemento de España e de EuropaItem type: Item , Avellentamento e calidade de vida(Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Millán Calenti, José CarlosAínda que nos últimos tempos, e sobre todo nas sociedades desenvolvidas, asistimos a un espectacular avance na “cantidade” de anos vividos, non ocorreu o mesmo se nos referimos á cantidade de anos vividos libres de enfermidade ou de discapacidade, é dicir, á “calidade” deses anos. A calidade de vida (CV) é un constructo multidimensional que se vai ver afectado por factores físicos, psicolóxicos e sociais, denominándose CV relacionada coa saúde (CVRS) unicamente cando nos referimos aos compoñentes propios da saúde como aspecto físico ou clínico. A vellez non é a mellor época para gozar da saúde na súa máis ampla acepción xa que, froito do avellentamento, a probabilidade de presentar enfermidades crónicas e invalidantes se incrementa. A dependencia é un dos factores máis distorsionador da percepción do estado de benestar, polo que calquera actuación que logre frear a súa chegada contribuirá a mellorar a CV; outras medidas serán de natureza económica ou social. Dada a importancia dos factores subxectivos sobre a CV, non deberemos esquecer que a súa avaliación vai depender en gran parte da percepción que o suxeito teña delesItem type: Item , Sistemas de pensións e benestar económico da poboación maior: un indicador sintético para os países da OCDE(Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Martínez Roget, Fidel; Murias Fernández, Pilar; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaNos países desenvolvidos os sistemas de pensións convértense no instrumento fundamental para garantir o benestar económico da poboación maior. A súa particular contribución a este benestar varía duns países a outros como consecuencia dos distintos obxectivos, da configuración e da efectividade de cada sistema de pensións. Neste traballo analízase o benestar económico que se deriva dos sistemas de pensións para a poboación maior nos países da OCDE. Esta análise debe ser abordada desde unha perspectiva multidimensional que, á súa vez, respecte as peculiaridades de cada país, por iso utilizouse a técnica da Análise Envolvente de Datos (DEA). Os resultados mostran que distintos sistemas poden proporcionarlles similares niveis de benestar económico aos seus maiores a través de sendas diferentesItem type: Item , Demandantes de atención personalizada e benestar. Contribución ao seu estudo a partir da análise dos cambios na dinámica familiar(Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Rodríguez Galdo, María Xosé; Freire Esparís, María del Pilar; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaNos últimos anos, a composición dos fogares en Galicia experimentou profundos cambios: incrementouse a proporción representada polas familias nucleares, reduciuse o tamaño medio familiar, aumentou a importancia dos fogares unipersoais, etc. Estes cambios poderían implicar modificacións na tradicional función da familia como representante dun ámbito de seguridade para os seus membros máis vulnerables. Por iso, neste traballo analizarase a importancia que ten na actualidade a atención ao coidado de menores e de persoas dependentes no marco familiar, centrándonos no caso galego por tratarse dunha Comunidade que, cando menos desde o século XVIII, destacou polas súas elevadas porcentaxes de complexidade familiarItem type: Item , Efectos socioeconómicos do actual proceso demográfico en Galicia(Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Miguel Palacios, Carlos de; Montero Muñoz, María; Simón Fernández, XavierO descenso da taxa de natalidade e o aumento na esperanza de vida son os factores clave que explican o actual proceso demográfico en Galicia, cuxa consecuencia máis inmediata é o avellentamento da súa poboación. A baixa taxa de natalidade supón un límite ao tamaño das novas cohortes afectando, así mesmo, ao tamaño da poboación total. Esta tendencia demográfica constitúe un desafío para o sostemento do actual estado do benestar, onde o tamaño relativo das cohortes é crucial. Neste traballo analízase o actual proceso demográfico en Galicia e as principais consecuencias para o mercado de traballo, as prestacións de protección social, o gasto sanitario e de atención á dependencia e o gasto en educaciónItem type: Item , Da aldea ao suburbio. Cambios demográficos e territoriais en Galicia, 1990-...(Universidade de Santiago de Compostela, 2011) Ferrás Sexto, Carlos; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de XeografíaNo contexto de despoboamento rural e de declive demográfico xeral que está experimentando Galicia percÍbese un cambio social que vai desde o rural do pasado cara a un novo futuro suburbano, xurdindo novas áreas rurais na periferia das principais cidades como polo de vitalidade demográfica. Cal é o proceso? E o futuro? Os cambios están previstos? Propoño unha reflexión fundamentada en datos demográficos e en antecedentes bibliográficos. Unha Galicia suburbana, ocupada nos servizos, dependente e en declive vital: cara onde podemos ir? Neste artigo presentamos argumentos que permiten comprender o cambio