EC/009-Vol.9, Núm. 1 (2000)

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18906

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 20 of 29
  • Item type: Item ,
    A maior liberdade, máis creación, maior crecemento
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Ramilo Fernández-Areal, Antonio
  • Item type: Item ,
    A economía galega: balance e perspectiva no tránsito secular
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Pérez Touriño, Emilio
  • Item type: Item ,
    Por unha economía ó servicio de todos
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Mera Sánchez, Manuel
  • Item type: Item ,
    A economía galega ante os retos do século XXI
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Méndez López, José Luis
  • Item type: Item ,
    Converxencia e emprego
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Lago Peñas, Manuel
  • Item type: Item ,
    Ás portas dunha nova etapa: modernización e converxencia da economía galega
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Fernández Gayoso, Julio
  • Item type: Item ,
    Avogando pola integración e eficiencia do sistema estatístico público
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Campo Andión, José Antonio
  • Item type: Item ,
    A economía galega ante o s. XXI
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Beiras Torrado, Xosé Manuel
  • Item type: Item ,
    As metamorfoses da globalización e a s(ed)ucción territorial
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2000) González Laxe, Fernando
    A globalización preséntase como a interconexión crecente das economías nacionais. A percepción desa dinámica deu lugar a diferentes sensacións e apostas de futuro. As diversas connotacións intrínsecas ás perspectivas da globalización poden ser ou de carácter pesimista ou ter trazos optimistas. As primeiras fan referencia á desaparición de toda posibilidade de acción dos poderes públicos, o que daría paso a un proceso de agravamento dos indicadores sociais, tales como o emprego, o ancheamento da brecha entre as distintas capas da sociedade, os fenómenos derivados da exclusión social, en suma o triunfo do mercado sobre a sociedade. Á súa vez, as sensacións optimistas vinculaban a globalización ó crecemento e ó progreso das sociedades, gracias ós incrementos dos intercambios comerciais e á supresión de trabas para a perfecta circulación de bens, servicios, capitais, persoas e tecnoloxías
  • Item type: Item ,
    Posición económica, localización industrial e infraestructuras nunha perspectiva americana: Galicia entre os séculos XIX e XXI
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Prada Blanco, Albino; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    Neste traballo sostense que tanto a conformación das dúas áreas metropolitanas de Galicia como a súa especialización productiva tivo que ver –nos comezos do século que remata-decisivamente coa posición marítimo-portuaria. Tanto nos fluxos migratorios cara a América como nas actividades pesqueiras e constructoras de buques, como, máis recentemente, na localización de determinadas fases de distintos procesos industriais. Sobre esta base suxírese que unha aposta estratéxica para aproveitar esa posición da Fisterra atlántica entre América e Europa podería –no amencer dun novo século, e igual que xa vén sucedendo en Irlanda– ser un factor clave que reducise o desenvolvemento desigual de Galicia verbo doutras rexións da UE. Ese obxectivo remite prioritariamente a unha posta ó día das infraestructuras portuarias e de transporte intermodal –desde Ferrol ó Porto– co continente e a un ambicioso e realista plan de canalización de fluxos en tránsito, intercambios comerciais e localizacións industriais. A situación actual –que se revisa no contexto atlántico da Península Ibérica– non semella acorde coas posibilidades e, mesmo, co aproveitamento que fan da súa posición outras rexións de España
  • Item type: Item ,
    A rexión galaico-duriense: dimensión económica e dinámica de converxencia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2000) López Facal, Xoán Xosé; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría Química; Área de Enxeñaría e Arquitectura
    A organización do mercado mundial en áreas económicas e organismos rexionais, xunto coa tendencia á polarización espacial dos mercados provocan situacións de centralidade e excentricidade na distribución espacial dos fluxos económicos e das rendas. A desaparición da fronteira económica entre Galicia e a Rexión Norte de Portugal fai posible a creación dunha eurorrexión galaico-duriense que permite a superación da excentricidade económica de Galicia. O traballo repasa as características das economías galega e norportuguesa e examina o papel dos custos salariais e da productividade como factores de localización industrial. Finalmente examínase o papel das institucións implicadas na consolidación da eurorrexión: CCRN e Xunta de Galicia
  • Item type: Item ,
    Presente e futuro das infraestructuras de transportes en Galicia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Caride Estévez, María José; Pis Sánchez, Eduardo; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Cuantitativa
    Neste artigo analízase a evolución recente dos investimentos nas infraestructuras de transporte en Galicia, e faise unha reflexión sobre as necesidades futuras na materia, poñendo a énfase na necesidade da definición dun plan coordinado de desenvolvemento das distintas infraestructuras para abastece-la súa demanda potencial
  • Item type: Item ,
    Estructura de mercado turístico galego
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Rey Graña, Carla; Ramil Díaz, María
    O obxectivo deste traballo é presentar unha análise da estructura do mercado turístico en Galicia. Comezamos cun estudio dos principais efectos da actividade turística, centrándonos no máis inmediato: o desenvolvemento do propio sector. Con este fin, efectúase unha análise da evolución da demanda e a oferta no sector turístico e, para os anos máis recentes, desagréganse os datos, o que permite deduci-los principais trazos desta actividade en España, e máis concretamente en Galicia
  • Item type: Item ,
    Aforro e sistema financeiro
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Isla Couto, Xaime; Martínez Cobas, Francisco Xavier; Rojo, Javier; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    O traballo presenta o aforro galego e o uso que fai deste o sistema financeiro. Logo dun repaso polo pasado e polos cambios producidos ata a situación actual, coméntanse as variables que afectarán á súa evolución
  • Item type: Item ,
    A vivenda e o sector da construcción en Galicia: evolución e perspectivas
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2000) López Andión, María del Carmen; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Cuantitativa
    A vivenda e o sector da construcción do cal forma parte teñen un indubidable protagonismo non só económico senón tamén social. Neste traballo analízase o papel da construcción na economía galega comezando pola súa importancia cuantitativa para continuar con aspectos relacionados coa súa estructura e coa evolución dos principais subsectores que o compoñen e dedicándolle unha atención especial ó da vivenda. Finalmente, realízase un breve esbozo do que pode supoñe-lo futuro da vivenda e a construcción en Galicia
  • Item type: Item ,
    O sector industrial galego: perspectivas ante un novo século
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Ares Fernández, Juan José; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Fundamentos da Análise Económica
    Neste traballo analízase a evolución da industria galega nunha parte significativa da década dos noventa dende a perspectiva dunha comparación das principais variables macroeconómicas das diferentes agrupacións industriais. Esta comparación é o fundamento para a percepción das perspectivas de cada unha das agrupacións na próxima década. Os resultados revelan a evolución positiva do sector de confección de prendas de vestir e as dificultades do sector extractivo-enerxético e alimentario. De forma complementaria móstranse as diverxencias existentes nas fontes estatísticas polo que, segundo a estatística que se utilice, os resultados poderían ser ata contradictorios
  • Item type: Item ,
    Tendencias e problemas da pesca galega no contexto mundial e comunitario
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Varela Lafuente, Manuel; Iglesias Malvido, Carlos
    Neste traballo inténtase valora-la posición de Galicia no contexto das novas tendencias da pesca mundial e comunitaria. Para iso, ademais de sintetiza-los cambios máis significativos nestes escenarios, recollemos argumentos esenciais das discusións económicas recentes sobre regulación de pesqueiras, a fin de sustenta-las nosas reflexións finais sobre as perspectivas inmediatas da pesca galega
  • Item type: Item ,
    O sector agrário galego ás portas do século XXI: balance das súas transformaciones recentes
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2000) López Iglesias, Edelmiro; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    Este traballo ten un doble obxectivo: efectuar un balance das transformacións que experimentou a agricultura galega no período transcorrido desde a integración comunitária; sinalar ao mesmo tempo os trazos esenciais que definen a sua realidade actual. Para iso parte-se de destacar as rupturas que desde 1986 tiveron lugar no marco de funcionamento do sector. E, con ese contexto de fondo, analisan-se os principais elementos que definen a sua dinámica recente. A imaxen que emerxe é a dun sector agrário: que na última década viu estancar-se ou diminuir as macromagnitudes básicas (produción e renda); que tende a reforzar a sua especialización nas producións bovinas; inmerso nun acelerado axuste demográfico e un intenso proceso de sustitución de traballo por capital, pero no que persisten graves deficiéncias estruturais, que provocan que a produtividade do traballo se manteña en níveis mui baixos; e finalmente un sector cada vez mais heteroxéneo internamente
  • Item type: Item ,
    Educación, emprego e poboación de Galicia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Guisán Seijas, María del Carmen; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Cuantitativa
    Neste traballo destácase o déficit educativo como o factor máis decisivo na explicación das dificultades de converxencia real coa media europea en PIB por habitante e en taxas de emprego non-agrario, tanto no caso de Galicia como no de España ó longo dos dous primeiros tercios do século XX. A mellora educativa que ámbalas dúas experimentaron no último tercio do século contribuíu a mellora-lo proceso de converxencia coa UE, aínda que son moitas as medidas que cómpre adoptar para impulsa-los recursos económicos e organizativos da educación ata os niveis dos países máis avanzados. Ademais, analízanse importantes relacións existentes entre evolución económica e crecemento demográfico, de forma que o estancamento demográfico de Galicia é máis consecuencia da necesidade de adapta-lo seu peso poboacional no conxunto de España ó seu peso productivo e laboral do que un problema derivado da diminución das taxas de natalidade. Explícanse algúns factores que influíron na evolución demográfica recente e insístese na necesidade de impulsa-la educación, o investimento industrial e maila investigación en Galicia para conseguir unha dinamización económica que permita aumenta-lo seu peso relativo en España. A insistencia na necesidade do incremento do capital humano e do capital social abórdase dende a perspectiva dos expertos internacionais en economía da educación e, polo tanto, foxe das tendencias actuais da política investigadora en España, que dedica os seus maiores apoios ó investimento en tecnoloxía, xa que a experiencia histórica e a análise das relacións económicas reais nos indican que a tecnoloxía só é unha parte do progreso e que a calidade da investigación noutros campos, tanto de humanidades como de ciencias socioeconómicas e outras materias, é de gran relevancia para o progreso
  • Item type: Item ,
    Os escenarios demográficos de Galiza e as súas implicacións económicas
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Fernández Leiceaga, Xoaquín María; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    O artigo ten dous obxectivos básicos: a explicación dos horizontes demográficos plausíbeis para Galiza e a avaliación das implicacións económicas dos mesmos. Para o primeiro obxectivo movilizan-se distintos recursos, dende a determinación do novo modelo demográfico, caracterizado pola fecundidade mínima, o alongamento da esperanza de vida e un saldo migratório positivo, até as proxeccións demográficas existentes. Estas últimas son contrastadas coa evolución da povoación na década pasada. Para achegar-nos ao segundo obxectivo construen-se indicadores demográficos da situación no ano 2026, segundo as hipóteses das proxeccións, que indican unha profundización considerábel do degrao de avellentamento. A continuación discuten-se nun plano teórico as consecuéncias do avellentamento povoacional sobre algunhas variábeis económicas. Para rematar resumen-se as conclusións dalguns traballos prévios do autor sobre os efeitos de tal cenário no mercado de traballo ou nos gastos sociais en Galiza