Congreso Ibérico da Mocidade Investigadora do Campus Terra: Raíces do Coñecemento (1º. 2024. Lugo)
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/40984
O congreso está dirixido á mocidade investigadora: estudantes de grao e máster, estudantes predoutorais e novos investigadores, interesados en compartir os seus resultados de investigación e poñerse en contacto con investigadores doutras areas. O evento non se dirixe soamente á mocidade investigadora da Universidade de Santiago de Compostela se non doutras universidades, centros de investigacións e outras institucións. O principal obxectivo deste Congreso é crear un ambiente de encontro entre a mocidade investigadora ibérica, presentando as súas investigacións e no que poidan xurdir diversas colaboracións. En paralelo, o congreso convértese tamén nunha xuntanza de iniciación, divulgación e formación para os aspirantes, xa sexa de grao ou de máster, cara o inicio ou consolidación dunha carreira investigadora. As informacións e as experiencias compartidas son chave para aquelas persoas que elixen o camiño da investigación tras o remate dos seus estudos universitarios.