Máster en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/40578

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 5 of 5
  • Item type: Item ,
    Estudio comparativo de dos tramos del bosque de ribera del río Tambre mediante el el índice QBR
    (2025) López Villasante, Pedro; Amigo Vázquez, Javier
    Los bosques de ribera aparecen alrededor de masas fluviales y son ecosistemas con un alto valor ecológico y diversidad vegetal, pero que han sido muy manejados por el ser humano a lo largo de la historia. Existen varios índices para evaluar su calidad, como el QBR, utilizado en este trabajo y que se centra sobre todo en la cobertura y composición vegetal del bosque de ribera. Mediante este índice se evaluó el bosque de ribera en dos tramos de 5 kilómetros del río Tambre, al norte del concello de Santiago de Compostela. Se realizaron transectos de 100 metros de longitud y a cada uno se le asignó un valor de QBR (entre el 0 y 100), además de reparar en la composición vegetal y el estado de conservación del ecosistema. Una vez obtenidos los resultados, se compararon los tramos para establecer diferencias entre el estado de conservación de ambos. El primer tramo (que pertenece a un espacio protegido ZEC), obtuvo una puntuación media de 94,1, mientras que el segundo tramo obtuvo una media de 97,6, ambos sobre un máximo de 100 puntos. Las diferencias entre ambos tramos se dieron, sobre todo, en la mala transición del bosque de ribera al ecosistema adyacente (un robledal) en el tramo 1. Este robledal era sustituido en gran parte del territorio por plantaciones, generalmente, de eucaliptos. En general, el ecosistema ripario mostró un buen estado de conservación y una buena diversidad de especies autóctonas, pero el robledal adyacente deteriorado y sustituido en muchas zonas, limita la zona óptima para el desarrollo de la flora y la fauna adheridas al ecosistema fluvial. Además, la expansión de especies alóctonas invasoras desde las plantaciones adyacentes pueden desplazar a las especies autóctonas y amenazar el buen estado del ecosistema. Debido a ello, sería interesante establecer medidas de conservación y restauración en estas zonas, guiándose de los resultados obtenidos con este índice
  • Item type: Item ,
    Factores bióticos e abióticos que afectan á abundancia do Pardal común (Passer domesticus) na cidade de Santiago de Compostela
    (2025) López Souto, Alejandro; Domínguez Conde, Jesús
    A evolución ao longo de 3.500 millóns de anos deu lugar a unha inmensa biodiversidade, pero o crecemento humano descontrolado está a causar a extinción acelerada das especies. Esta "Sexta Extinción", impulsada pola urbanización, a fragmentación de hábitats, a contaminación e a sobreexplotación, ameaza os ecosistemas e os servizos esenciais que estes proporcionan aos seres humanos. Aínda así, as cidades poden converterse en "refuxios do Antropoceno", ofrecendo hábitats diversos que fomentan unha maior biodiversidade en comparación con áreas agrícolas. Estes espazos tamén benefician a certas especies ao reducir as interaccións con outras especies e proporcionar recursos abundantes. Mentres moitas especies sofren polo proceso de urbanización, outras adáptanse, como o pardal común (Passer domesticus), que prospera grazas á dispoñibilidade de recursos proporcionados polos humanos. Neste contexto, realizouse o presente estudo na cidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de identificar factores bióticos e abióticos que afectan á abundancia do pardal común nesta cidade. Para iso, a área de estudo dividiuse en tres estratos: a zona vella, caracterizada por rúas estreitas e edificios antigos; o ensanche, unha zona de transición entre o casco vello e as áreas máis modernas; e a área periférica, predominantemente residencial, con maior presenza de espazos verdes. A mostraxe levouse a cabo entre marzo e maio, empregando 120 estacións de escoita (EE) de 5 minutos de duración, distribuídas de forma aleatoria ao longo dos estratos mencionados anteriormente. Para analizar o efecto das 18 variables bióticas e abióticas medidas en campo na abundancia da especie, empregáronse modelos lineais xeralizados (GLM) cunha distribución de Poisson e link log. Canto á estructura da comunidade de pardal común na cidade, a especie acadou unha densidade maior na área periférica, onde hai máis espazos verdes e menos infraestruturas, mentres que no ensanche, con menos espazos deste tipo e máis perturbacións, a súa presenza foi menor. A presenza de contedores de lixo, o número de gatos e a cobertura vexetal nas estacións foron os factores máis relevantes que influíron na abundancia do pardal común. A presenza de edificios antigos tamén tivo un efecto próximo a ser consecuente. A abundancia do pardal común viuse positivamente influenciada pola presenza de contedores de lixo e a cobertura vexetal da EE, mentres que o número de gatos (Felis catus) tivo un impacto negativo. Estes resultados poñen de relevo a importancia dos espazos verdes e da heteroxeneidade de hábitats para o mantemento da biodiversidade urbana. Ademáis, o efecto negativo dos gatos sobre esta especie tan adaptable subliña a ameaza que supón para outras especies máis raras e con pouca tolerancia ao cambio.
  • Item type: Item ,
    Modelos de distribución de aves invernantes en medios dulceacuícolas de Galicia
    (2025) Guisande Alonso, Noelia; Regos Sanz, Adrián; Domínguez Conde, Jesús
    Durante el periodo de invernada, diferentes especies de aves encuentran en Galicia espacios donde poder descansar y alimentarse, son generalmente en entornos de agua dulce. Sin embargo, a lo largo de los años dichos hábitats han cambiado mucho debido a distintas perturbaciones, lo cual ha modificado a su vez su área de distribución. Se ha modelizado el área de distribución potencial de cuatro especies vinculadas a medios lóticos gallegos (Phalacrocorax carbo, Gallinula chloropus, Cinclus cinclus y Motacilla cinerea) utilizando para ello modelos de distribución de especies (SDMs). Nuestros SDMs fueron calibrados a partir de datos de presencia y ausencia recogidos en el periodo invernal de 2018-2019 y de una serie de variables ambientales de relevancia ecológica para dichas especies. Se usaron 7 algoritmos de modelización del paquete en R “biomod2” estimándose la capacidad predictiva a partir de tres métricas de evaluación. Además, se han hecho predicciones anuales de idoneidad del hábitat, con el fin de determinar los cambios en la distribución potencial de cada especie a lo largo de los últimos 20 años (periodo 2001-2020). Se calibraron modelos individuales y a partir de ellos un modelo de ensamblaje para cada especie. El valor medio de AUC para los modelos obtenidos fue de 0,83 ± 0,13. La sensibilidad y especificidad de ambos tipos de modelos también mostró valores elevados, comprendidos entre 0,73 ± 0,29 y 0,82 ± 0,15, respectivamente. El modelo de ensamblaje mostró muy buenos resultados para todas las especies, con un valor medio de 0,99 ± 0,01 para AUC, 0,93 ± 0,07 para TSS y 0,55 ± 0,09 para el coeficiente KAPPA. Esto demuestra que los modelos han predicho bien la distribución potencial de las especies en el área de estudio, permitiendo proyecciones interanuales del hábitat. En referencia a la importancia de las variables, la temperatura media del trimestre más húmedo (bio_8), la temperatura media del trimestre más cálido (bio_9) y el índice de posición topográfica (TPI) han sido las que mejor explicaban la distribución de las especies. Las predicciones interanuales muestran una elevada variabilidad de la idoneidad del hábitat entre los años 2001 y 2020 debido a la variación en las condiciones ambientales que determinan la distribución de las epecies de estudio. Los SDMs resultan ser una buena herramienta para la identificación de los hábitats más favorables para las especies, así como para su conservación y gestión, permitiendo el establecimiento de protocolos de seguimiento de sus hábitats.
  • Item type: Item ,
    Influencia do uso humano no comportamento da Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) en praias de Galicia durante o período post-reprodutivo
    (2025) Gestoso Castroagudín, Andrea; Domínguez Conde, Jesús
    As praias son utilizadas polos humanos para a realización de actividades recreativas e extractivas. Esta presenza supón un problema para as especies de fauna e flora que alí viven, xa que persoas e animais domésticos son percibidos como depredadores pola avifauna. Este problema acentúase cando as especies presentan estados de conservación desfavorables, como é o caso da Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus). As perturbacións ocasionadas poden provocar cambios no comportamento das especies, diminución da supervivencia ou perda de hábitat, entre outros efectos. Neste traballo estudouse a influencia do uso humano en período post-reprodutivo en praias da provincia da Coruña sobre o comportamento da Píllara das dunas. Muestreáronse un total de 282 exemplares durante os meses de outubro, novembro e decembro de 2021. As actividades predominantes nos exemplares muestreados foron as de vixilancia e repouso, fronte ás de desprazamento, alimentación, atusamento ou baño. Nos tres meses rexistráronse 591 perturbacións potenciais das cales o 40,9 % foron efectivas. Os axentes que máis perturbacións efectivas provocaron foron os paseantes e os paseantes acompañados por cans, a maioría soltos (89,1 %) e de tamaño grande (43,8 %). A maioría das respostas das aves foron desprazamentos a pé (58,1 %), mentres que un 41,8 % implicou a existencia de voo. As respostas estiveron condicionadas polo mes e o tipo de axente perturbador. O tempo total invertido en desprazamento polo exemplar estivo altamente influído polo tipo de axente perturbador, sendo este tempo maior cando o axente foi un paseante con can
  • Item type: Item ,
    Comparación do nicho realizado das diferentes poboacións coñecidas de vespa velutina (Himenoptera, Vespidae) e predición do risco de invasión en Europa
    (2025) Domínguez Negreira, Javier; Baselga Fraga, Andrés; Gómez Rodríguez, Carola
    As especies invasoras son, actualmente, un grave problema tanto medioambiental como económico e social. Este é o caso de Vespa velutina (Lepeletier, 1836), un membro da familia Vespidae actualmente invasor en Europa, Corea e o Xapón. Os perniciosos impactos que produce nas áreas invadidas inducen a necesidade de predicir o futuro alcance da súa invasión, para o cal é necesario coñecer previamente o seu nicho ecolóxico. O obxectivo deste traballo é, polo tanto, caracterizar e comparar o nicho ecolóxico realizado tanto dentro da área nativa como invadida tendo en conta as condicións climáticas en ambas áreas. Isto permite coñecer se o nicho realizado, estimado a partir da distribución xeográfica da especie, pode ser utilizado como substituto do nicho fundamental. Esta relación entre o nicho realizado e o fundamental é clave para determinar a fiabilidade dos modelos de distribución da especie baseados no nicho realizado empregados neste traballo e, para estimar o risco de invasión. Mediante a realización dunha Análise de Compoñentes Principais (Principal Component Analysis, PCA) foi posible caracterizar o nicho en base a catro variables principais: a precipitación do trimestre máis húmido, a temperatura media do trimestre máis frío, a estacionalidade da precipitación e a temperatura media do trimestre máis húmido. Nesta análise foron detectadas diferenzas entre os rangos climáticos correspondentes á poboación nativa e a europea, feito que suxire que o nicho ecolóxico da área nativa non comprende o fundamental da especie. A análise, mediante a metodoloxía de humboldt, que incorpora a área climática accesible de cada rexión, corrobora estas diferenzas e mostra que están relacionadas co feito de que a maior parte das presenzas en Europa ocupan un espazo climático inexistente en Asia. Estes resultados son apoiados polo cálculo do hipervolume do nicho climático, en catro dimensións, de cada unha das poboacións, que indica que existe un segmento do espazo climático europeo fóra do ocupado pola poboación nativa. Usando os valores para os catro Compoñentes Principais para predicir a distribución potencial de V. velutina en Europa mediante a proxección xeográfica do nicho realizado, observamos unha moi probable futura expansión polo oeste europeo e a maior parte das costas de Europa. Non obstante, estas predicións deben ser consideradas estimacións conservadoras, xa que os resultados anteriores mostran que é posible que o nicho fundamental teña unha amplitude que o nicho que é posible estimar nestes momentos mediante as presenzas coñecidas tanto na área nativa como invadida. Así, este traballo permitiu identificar, segundo os datos dispoñibles, as zonas de Europa máis susceptibles de ser invadidas pola avespa asiática, á vez que evidencia a necesidade de incrementar o coñecemento sobre o nicho fundamental da especie para poder realizar predicións máis precisas do risco de invasión.