EC/016-Vol.16, Núm. 2 (2007)
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18920
Browse
Recent Submissions
Now showing 1 - 12 of 12
Item type: Item , A innovación como factor clave na competitividade empresarial: un estudo empírico en pemes galegas(Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Rodeiro-Pazos, David; López Penabad, Celia; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeA crecente globalización da economía fai necesario un esforzo constante en materia de innovación. A innovación empresarial é un elemento clave no desenvolvemento rexional e constitúe un dos factores máis importantes no aumento da produtividade e da competitividade na empresa. O obxectivo do noso traballo é analizar a situación das pemes de Galicia en materia de innovación e mostrar as características e as variables que determinan o éxito empresarial, con especial referencia á innovación. Para iso, partindo dos datos obtidos dunha enquisa realizada ás pemes de Galicia e mediante a análise clúster, definimos tres conglomerados de empresas e caracterizámolos en función de variables representativas tanto da súa situación económico-financeira como do seu nivel en innovación. Estes grupos permítennos identificar as diferentes estratexias innovadoras existentes na realidade empresarial galega.Item type: Item , Aproximación empírica aos problemas financeiros da peme industrial galega(Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Otero González, Luis; Fernández López, Sara; Vivel Búa, Milagros; Rodríguez Pérez, Silvia Reyes; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeEste traballo analiza a estrutura financeira das pemes industriais galegas co fin de detectar os principais problemas financeiros aos que actualmente se enfrontan. Estúdase a súa estrutura de capital, a duración da débeda que integra o seu pasivo, o custo dos recursos alleos e a relevancia das súas garantías na consecución de financiamento externo. Os principais resultados mostran que o tamaño da empresa non é un factor relevante á hora de definir a súa estrutura financeira aínda que si afecta ao custo do financiamento externo, e que as empresas máis novas son as máis endebedadas. Así mesmo, comprobamos que as oportunidades de crecemento e as garantías atenúan as restricións financeiras ás que se someten estas empresas.Item type: Item , O investimento estranxeiro directo en Galicia. Situación actual e estratexias de futuro(Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Rodríguez González, Xosé Antón; Pallas González, Julio; Fernández Leiceaga, Xoaquín María; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía CuantitativaExiste un consenso bastante xeneralizado en sinalar que os fluxos de investimento estranxeiro directo (IED) teñen efectos globais positivos nos países que os reciben. O volume dos fluxos de IED recibido por Galicia no período 1993-2002 é moi pequeno e moi inferior ao que lle correspondería en relación co peso da súa economía dentro da economía española. O principal obxectivo deste traballo é analizar a situación de Galicia en canto á súa capacidade de atracción da IED no contexto español, xustificar os motivos desa situación e, de ser o caso, formular alternativas de melloraItem type: Item , Efecto empresa versus efecto sector. Un estudo empírico en empregas galegas e portuguesas(Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Iglesias Antelo, Susana; López López, Vicente Ángel; Rodríguez Rey, Marcos; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e ComercializaciónEste traballo é unha contribución á análise da importancia relativa dos factores industria e empresa na explicación da variabilidade do rendemento organizativo. Nel aplícase un modelo xerárquico lineal de efectos fixos a unha mostra de empresas de Galicia e do norte de Portugal. Os resultados obtidos mostran que a capacidade explicativa do factor empresa é cando menos cinco veces superior á do factor sector de actividade. Estes resultados favorables para o efecto empresa son similares aos alcanzados en estudos empíricos precedentesItem type: Item , As prácticas contables das confrarías de pescadores galegas. A coerción como vehículo de institucionalización cultural normativa(Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Taboada Mella, María SaloméEste traballo adopta como perspectiva de investigación a teoría institucional e, sobre a base do estudo dos procedementos contables das confrarías de pescadores nos diferentes ambientes en que se insiren ao longo da súa historia, demostra que: a) como organizacións formais, os seus procedementos contables racionais foron deseñados na pretensión da eficiencia na xestión dos seus recursos; e b) como entidades institucionalizadas, adoptaron estruturas contables que garanten a lexitimidade e os recursos. Neste proceso, como portadores e instrumentos institucionalizadores, non só interveu a coerción dos sucesivos réximes políticos, tamén o fan a organización formal e a cultura, o mimetismo e a norma que, en conxunto, determinaron as estruturas contables das confrarías de pescadores galegas actuaisItem type: Item , A incidencia das características empresariais e do sector da oferta na difusión do diésel e do aceiro no sector pesqueiro(Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Sinde Cantorna, Ana Isabel; Diéguez Castrillón, María Isabel; Gueimonde Canto, AnaO obxectivo deste traballo é o de formular un modelo que recolla os factores que determinan a adopción de novas tecnoloxías no sector pesqueiro. Para estimar o dito modelo usamos datos de corte transversal obtidos a partir das listas oficiais de buques para o período 1931-1961. Estimamos un modelo de regresión loxística para establecer que características empresariais –efectos de rango– e do sector oferta implican unha maior probabilidade de adopción. Os principais resultados obtidos –o tamaño e a experiencia previa da empresa provedora– inciden de forma significativa na probabilidade de adopción, o que pon de manifesto a importancia de incluír nos modelos non só ao sector demandante senón tamén ao oferenteItem type: Item , Caracterización da dinámica socieconómica galega : unha perspectiva microxeográfica(Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Pena López, José Atilano; Sánchez Santos, José ManuelNo presente traballo preténdese caracterizar os diversos modelos de desenvolvemento socioeconómico dos municipios galegos e a conseguinte distribución da actividade económica no espazo da Comunidade Autónoma. Con este obxectivo, o estudo lévase a cabo en dúas fases. Nunha primeira etapa, a aplicación de técnicas multivariantes permite a identificación de áreas homoxéneas e funcionais e o establecemento dunha orde de prelación de territorios en función do seu maior ou menor dinamismo socioeconómico. Nunha segunda etapa se estima un modelo explicativo das rendas medias declaradas a escala municipal. Os resultados obtidos supoñen un avance no coñecemento da realidade xeoeconómica galega, evidenciando tanto o proceso de polarización da poboación e a actividade económica como a aparición de incipientes estruturas reticulares a través de centros urbanos secundariosItem type: Item , Aspectos socioeconómicos dos accidentes de tráfico en Galicia(Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Pereira Moreira, RobertoO continuo desenvolvemento da literatura sobre os custos asociados ao transporte por estrada contribuíron a situar este tema nas prioridades políticas. Este traballo pretende cuantificar os graves custos socioeconómicos dos accidentes de tráfico ocorridos en Galicia no ano 2003 a partir da literatura científica sobre esta cuestión. O noso desexo sería alentar as institucións públicas implicadas a utilizar a avaliación rigorosa e metódica dos custos dos accidentes no transporte como unha ferramenta das políticas sobre o sector.Item type: Item , O cumprimento da Lei de protección de datos en Galicia(Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Martínez Carballo, Manuel; Río Rama, María Cruz del; Guillén Solórzano, Eduardo; Barbeito Roibal, SusanaNeste artigo pretendemos analizar e describir dalgunha forma a situación actual referente ao grao ou ao nivel de cumprimento da lexislación en materia de protección de datos de carácter persoal na Comunidade Autónoma de Galicia co obxecto de darnos conta da pouca ou escasa atención que se lle presta, a pesar de que as sancións a este respecto poden facer perigar en moitos casos a rendibilidade, xa que logo, a supervivencia futura de moitas microempresas, pequenas e, mesmo, medianas empresasItem type: Item , Unha aproximación crítica ao corpus teórico das asociacións comerciais(Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Silva Guterres da Gama, Milton; Berumen, Sergio A.Este artigo é unha primeira aproximación ao marco teórico a partir do cal se construíron os esforzos de integración económica rexional e o seu obxectivo é estudar a súa utilidade para analizar os procesos de integración. A evolución dos enfoques teóricos aquí discutidos xustifican a existencia dunha perspectiva que permite formular a hipótese de que os procesos de integración económica entre economías asimétricas non necesariamente elevan o benestar dos participantes nin do mundo no seu conxuntoItem type: Item , A planificación rexional en Portugal e na Comunidade Europea(Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Mourão, Paulo Jorge ReisPlanificar no espazo obriga a repartir, concibir, dividir, decidir e a actuar. Repartir recursos, concibir políticas, dividir o territorio, decidir con claridade e actuar con eficacia e con eficiencia. Este traballo demostra a riqueza da terminoloxía do espazo rexional así como, utilizando os exemplos de Portugal e do proxecto comunitario europeo, verifica a múltiple complexidade dos procesos de planificación rexional incluídos, avanzando con ritmos distintos e en función de determinantes como a calidade do financiamento ou das estruturas económicas e políticas, tamén discutidas.Item type: Item , Finanzas en mercados internacionales F.J. LÓPEZ LUBIÁN / P. GARCÍA ESTÉVEZ Madrid: McGraw Hill. 2006 [210 páxinas](Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Vivel Búa, Milagros; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade