Adiante : órgao das Mocedades Galeguistas (Filial de Irmandade Galega)

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/31298

Publicación de carácter político, redactada integramente en galego e editada en Bos Aires. O primeiro número, titulado "¡Adiante, Irmáns!", aparece en xaneiro de 1954. Dirixida por C. Conles Tizado, nace para informar sobre as actividades societarias (asembleas, edicións de libros, etc.) e da situación da colectividade en xeral. Realiza unha defensa de Galicia desde postulados nacionalistas e republicanos, con críticas á súa dituación política e económica en seccións como "Da Galicia asoballada" ou "O Fungueiro". Entre os seus colaboradores figuraron Adeliña González Doval, Antón Santamarina Delgado, Eloisa Ares Otero, Bieito Cupeiro, Francisco Fernández del Riego, Ramón de Valenzuela, Ramón Suárez Picallo e Xosé Neira Vilas.

Fontes:

Consello da Cultura Galega. Repertorio da prensa da Emigración Galega [consultado 30 de novembro de 2023]. Dispoñible en: http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/hemeroteca/cabeceira/index.php?p=1761&id=406

Santos Gayoso, E. (1990). Historia de la prensa gallega, 1800-1986. Sada: Ediciós do Castro

Vilavedra, D. (Coord.). (1997). Diccionario da Literatura Galega. II, Publicacións periódicas. Vigo: Editorial Galaxia

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 1 of 1