EC/018-Vol.18, Núm. 2 (2009)
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18926
Browse
Recent Submissions
Now showing 1 - 13 of 13
Item type: Item , Valoración medioambiental, cultural y paisajística de los espacios rurales gallegos: una perspectiva económica. María L. Loureiro García e Melina Barrio Martínez. MARÍA L. LOUREIRO GARCÍA /MELINA BARRIO MARTÍNEZ CIEF-Fundación Caixa Galicia. 2009 [263 páxinas](Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Soliño Millán, MarioItem type: Item , O turismo cultural: análise da oferta e da demanda en Michoacán (México)(Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Gudiño Paredes, MarianaItem type: Item , Mobilidade e desenvolvemento sustentable: unha aproximación aos cambios nos hábitos de transporte das persoas en Galicia (2001-2007)(Universidade de Santiago de Compostela, 2009) González Laxe, Fernando; Martín Palmero, Federico; Miguélez Pose, FernandaItem type: Item , Execución financeira da anualidade do 2008 do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013(Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Planificación de FondosPrograma Operativo (PO) FEDER Galicia 2007-2013, que se inscribe no contexto do Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia 2007-2013, foi aprobado pola Comisión Europea no marco do Obxectivo Converxencia de España a través da Decisión da Comisión de 30 de novembro de 2007, C(2007)6079, cunha axuda comunitaria de 2.191 millóns de euros. As súas liñas estratéxicas foron elaboradas pola Xunta de Galicia en colaboración cos interlocutores económicos e sociais e coas autoridades locais, nacionais e da UE. A execución financeira do ano 2008 alcanza os 202,4 millóns de euros. Sobresaen tamén a contribución do programa ao Obxectivo Lisboa e as principais accións de publicidade e información levadas a cabo no ano 2008Item type: Item , Valoración de preferencias sociais por unha alternativa de rexeneración do litoral fronte a un porto deportivo en Teis (Vigo)(Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Durán Medraño, Roi; Vázquez Rodríguez, María XoséA importante presenza de portos deportivos nas costas galegas e as previsións de crecemento na oferta de prazas de atracada invitan á reflexión sobre a súa incidencia no benestar da sociedade. É por isto que a incorporación na análise custo-beneficio dos custos sociais asociados resulta útil e necesaria para unha asignación eficiente dos recursos dispoñibles. Neste artigo empregouse o método de valoración continxente para estimar a disposición ao pagamento (DAP) ou variación compensatoria dos residentes por un plan de rexeneración do litoral fronte ao proxecto de ampliación dun porto deportivo en Punta Lagoa en Teis (Vigo). Para a análise das respostas empregouse un modelo paramétrico e un non paramétrico, que non precisa asumir ningunha forma funcional da distribución da disposición ao pagamento. As estimacións obtidas amosan unha DAP de 48 €/fogar e de 34 €/fogar, respectivamente. Destes resultados derívase que o plan de rexeneración do litoral levaría consigo unha ganancia de benestar social respecto da ampliación do porto deportivo ou, o que é o mesmo, que existe un custo social asociado a este último. Ao mesmo tempo, á luz dos resultados e ante as vantaxes que ofrece o estimador Turnbull, recoméndase un maior emprego dos métodos non paramétricos para obter estimadores a partir de datos de valoración continxenteItem type: Item , Efecto sobre o patrimonio neto das empresas galegas da nova contabilización dos gastos amortizables(Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Ruiz Lamas, Fernando; Teijeiro Álvarez, MercedesOs apartados de gastos de establecemento e de gastos por distribuír en varios exercicios desaparecen do activo do balance no novo Plan xeral de contabilidade (PXC), xa que non cumpren coa definición de activo recollida no “Marco conceptual da contabilidade”. Neste traballo preténdese analizar o peso relativo destas partidas previo á data de transición ao novo PXC, así como o impacto do axuste dos gastos de establecemento sobre a solidez patrimonial das empresas galegas en función dos diferentes sectores de actividadeItem type: Item , Emprego e produción de Galicia no período 2001-2008. Efectos da industria e do turismo nos sectores de servizos(Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Guisán Seijas, María del Carmen; Aguayo Lorenzo, Eva; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía CuantitativaPresentamos unha análise da evolución do valor engadido real e do emprego sectorial de Galicia no período 2001-2008, con especial referencia aos importantes efectos positivos que a industria e o turismo teñen sobre o desenvolvemento dos sectores de servizos e sobre outros sectores produtivos. Foi un período positivo para a economía galega ao ter aumentado de forma importante o nivel de converxencia coa media española polo que respecta aos indicadores de renda real producida por habitante, de consumo real por habitante e de taxa de emprego non agrario. O incremento da produción real dos sectores industriais tivo efectos moi positivos, e é conveniente seguir impulsando o desenvolvemento deses sectores, xa que Galicia aínda se atopa nun nivel baixo en comparación coas rexións máis avanzadas da Unión Europea. O desenvolvemento turístico tamén tivo efectos positivos, e presentamos indicadores da súa evolución nas provincias e áreas de Galicia. Obsérvase un incremento notable tanto do turismo hoteleiro coma do turismo extrahoteleiroItem type: Item , Turismo de desastres: aproximación á explotación turística do desastre do Prestige na Costa da Morte(Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Rey Castro, Alberto; Rodríguez Rodríguez, Gonzalo; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaXa sexa movidos pola curiosidade, pola notoriedade dun determinado lugar, polo seu valor histórico, etc., ou polo morbo, o feito é que desde tempos inmemoriais a dor, o dó, a morte, a desigualdade, a fame e así unha longa lista de feitos dolorosos foron susceptibles de ser mercantilizados e comercializados no mercado turístico. Algunhas catástrofes recentes dan boa mostra diso: é o caso dos ataques terroristas do 11S en Nova York, do furacán Katrina en Nova Orleáns, do tsunami que asolou o sueste asiático ou do vertido do petróleo do Prestige. Estes catro casos difiren na natureza da catástrofe, irrelevante para o noso obxecto de estudo e, en cambio, resultan comparables polo seu carácter coetáneo, polo elevado impacto que tiveron na opinión pública debido ao intenso seguimento por parte dos medios de comunicación e, por suposto, pola afectación da actividade turística. Como resultado obsérvase que o contexto resulta crucial para explicar a explotación da catástrofe e, en particular, o grao de destrución da infraestrutura turística, a dependencia do turismo que teña o destino e o impacto na afluencia de visitantes. Ademais, constátase que, no caso da Costa da Morte, fronte ás connotacións eticamente negativas do turismo escuro, presenta aspectos positivos como a chegada de voluntarios durante os meses seguintes á catástrofe, o que constitúe un dos factores explicativos do crecemento das pernoitas na zonaItem type: Item , Unha aproximación ao impacto económico directo do turismo académico: o caso dos intercambios Erasmus na Universidade de Santiago de Compostela(Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Pawlowska, Ewa; Martínez Roget, Fidel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaNos últimos anos, o turismo relacionado cos intercambios universitarios está cobrando importancia como unha nova tipoloxía de turismo. Existe, porén, bastante confusión polo que respecta á súa conceptualización. Neste traballo proponse o termo “turismo académico” para describir este movemento turístico, á vez que se trata de estimar o impacto económico directo xerado polos estudantes Erasmus recibidos pola Universidade de Santiago de Compostela no curso académico 2007-2008. Os resultados do traballo revelan que este tipo de turismo presenta unha maior duración da estadía ca o turismo convencional, que xera visitas adicionais de familiares e amigos, e que se trata dun turista moi satisfeito tanto coa cidade coma coa Universidade, o que se traduce nun desexo de volver visitar a cidade nun futuro. Estas características deberían ser tidas en conta polos axentes implicados no sector turístico na toma de decisións e para unha mellor adecuación da oferta a esta demanda en crecementoItem type: Item , Imaxe e oferta de aloxamento no medio rural de Galicia(Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Lois González, Rubén Camilo; Piñeira Mantiñán, María José; Santomil Mosquera, David; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de XeografíaO contacto coa natureza, a paisaxe verde, os espazos abertos, o descanso, a tranquilidade, o aire fresco, o agro, o gando e o carácter tradicional das súas xentes son tan só algúns dos atributos asociados historicamente ao medio rural de Galicia. Son elementos e atributos territoriais que condicionan as motivacións da demanda e que conforman a súa imaxe como destino turístico. O medio rural galego afronta un intenso proceso de transformación e modificación dos principais elementos que o identifican e singularizan, así como da súa paisaxe e cultura, o que repercute de forma importante nas motivacións da demanda turística. O atractivo do turismo rural en Galicia está ameazado e tende a diminuír a causa dun modelo de desenvolvemento turístico pouco planificado, que ten as súas orixes na década de 1990. A ausencia de oferta complementaria e os prezos pouco competitivos en relación con outros destinos máis atractivos dificultan un cambio de rumbo, condicionado por unha tendencia regresiva a un modelo en criseItem type: Item , Unha alternativa para detectar cambios tecnolóxicos na industria turística(Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Pereira López, Xesús; Fernández Fernández, Melchor; Pena Boquete, Yolanda; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Cuantitativa; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Fundamentos da Análise EconómicaNeste artigo introdúcese un procedemento para detectar cambios nas estruturas produtivas de calquera rama de actividade dunha economía. Para os efectos prácticos analízanse dous sectores que abastecen en boa medida á demanda turística española: o aloxamento e a restauración. O método proposto permite actualizar por unha vía alternativa a á xeralmente utilizada polos organismos oficias estatísticos as distintas matrices encadradas no marco input-output, que son necesarias para cuantificar os impactos económicos do turismo. Mediante a técnica introducida –o método biproporcional de información limitada– vese como é posible conseguilo case en tempo real. Ademais, para facer efectiva a actualización só é preciso coñecer os vectores de produción e demanda final, datos que facilitan os institutos de estatística con escasa demora. Tamén se manifesta como este procedemento evita a aplicación doutro tipo de técnicas máis sofisticadas e para as que se precisaría una maior información. Os coeficientes tecnolóxicos estimados para o aloxamento e a restauración en España confirman a validez da alternativa proposta para a elaboración de modelos input-output, que permitan ofrecer estimacións do impacto económico do turismo cos datos máis actuais existentes, sen necesidade de impoñer molestos supostos sobre a invariabilidade dos coeficientes tecnolóxicos no tempoItem type: Item , O transporte como produto turístico en Galiza: unha análise da oferta actual(Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Paül Carril, Valerià; Pazos Otón, Miguel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de XeografíaEste artigo analiza aqueles transportes que en Galicia se converteron nunha atracción turística por si mesma e, xa que logo, en produtos turísticos. En primeiro lugar, delimítase teoricamente a diferenciación entre transporte «como» turismo e transporte «para» o turismo. Isto faise a través dunha revisión da literatura xeográfica xerada sobre a cuestión e dunha mención de varias experiencias internacionais de referencia. A continuación son estudadas as experiencias concretas de Galicia mediante unha clasificación por modos de transporte. Nela téntase recoller a totalidade das prácticas existentes na actualidade, realizadas no pasado e mesmo previstas nesta dirección. Este estudo compleméntase coa análise de caso de tres organizacións que ofrecen produtos de transporte como turismo e que consideramos representativas da heteroxeneidade presente en Galicia. Nas conclusións interprétanse os resultados acadados, valóranse os efectos dos produtos estudados nos destinos e fanse propostas concretas de futuroItem type: Item , Análise da lealdade dos turistas que visitan a cidade de Santiago de Compostela(Universidade de Santiago de Compostela, 2009) Martínez Roget, Fidel; Novello, Simone; Murias Fernández, Pilar; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaNos últimos anos no ámbito turístico, ao igual que no conxunto da economía, produciuse un cambio de paradigma na xestión das empresas e a medición da satisfacción dos clientes foi desprazada polo concepto de lealdade, ao consideralo un mellor indicador do seu comportamento real. Neste artigo proponse un enfoque integrado para tratar de comprender a lealdade do turismo co destino Santiago de Compostela, á vez que se examinan as relacións teóricas e empíricas acerca dos vínculos entre a satisfacción turística, tanto global como por atributos, e a lealdade co destino. Os resultados do traballo permitirán coñecer os factores sobre os que os responsables, tanto públicos como privados, da xestión do destino deberán incidir para xerar lealdade nos turistas. Un turista leal seguramente repetirá a visita e moi probablemente a recomendará a outras persoas. A celebración do Xacobeo no ano 2010 traerá a Santiago de Compostela –e a Galicia no seu conxunto– un importante volume de turistas, oportunidade que debería ser aproveitada para xerar fluxos turísticos nos próximos anos