Fernández Prieto, LourenzoMíguez Macho, AntonioCidrás Fuentes, Aldara2024-02-052023http://hdl.handle.net/10347/32316A historia do golpe de Estado de 1936 é tamén, a historia dun asalto ao Estado xurisdicional. E é que a xurisdición non é un aspecto máis do Estado, senón que está na cerna mesma do concepto de soberanía. Os golpistas precisaban configurarse como contraestado que exerce a súa función xurisdicional para evidencciar que eles mesmos eran, en efecto, o verdadeiro Estado. Asemade, foi a través do exercicio desta mesma función xurisdicional como os sublevados canalilzaron fundamentalmente as súas lóxicas eliminacionistas. O exceso de aparente celo e o interese nun normativismo performativo xa dende os primeiros momentos do conflito evidencian que a administración de xustiza foi unha peza clave na súa estratexia, ofrecendo múlltiples utilidades alén do punitivismo contra un outro político.glgAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacionalhttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/Guerra Civil EspañolaAdministración de XustizaPerpetradoresXudicaturaPontevedraLawfareFranquismoSegunda República550402 Historia contemporánea560401 Funcionarios de justicia y procesos judicialesA xudicialización da violencia golpista. Unha mirada transversal á administración de xustiza entre 1930 e 1942doctoral thesisopen access